GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo pon en valor o acordo de colaboración asinado de xeito pioneiro polas casas galegas de Cataluña, e avanza que neste 2013 tamén se unirán entidades de Alemaña, Cuba, Venezuela e Arxentina

(07/05/2013)

Feijóo pon en valor o acordo de colaboración asinado de xeito pioneiro polas casas galegas de Cataluña, e avanza que neste 2013 tamén se unirán entidades de Alemaña, Cuba, Venezuela e Arxentina

 
  • O titular da Xunta presidiu hoxe a sinatura desta alianza entre 15 entidades galegas en Cataluña que dá comezo ao seu proceso de unión ou fusión que culminará a finais deste ano.
  • Apela á unidade e á viabilidade como “a primeira garantía de continuidade” destas entidades, que hoxe rubrican, di, “o mellor comezo para dar resposta a retos cada vez maiores” e “para abrir as portas das casas galegas” á mocidade.
  • En virtude deste acordo, das 15 entidades galegas en Cataluña que se unan ou se fusionen resultarán 3 novas agrupacións: o Centro Galego de Barcelona: Casas de Galicia de Barcelona e Provincia; a Asociación de Centros e Casas Galegas de Cataluña; e a Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña.
  • Este convenio non implica que perdan a súa identidade xurídica, e a Secretaría Xeral da Emigración asinará este ano un convenio coas asociacións inmersas neste proceso no que lles garante a media de subvencións recibidas nos tres últimos anos.
  • A curto e medio prazo, este dimensionamento das entidades galegas de Cataluña rematará nunha integración efectiva das entidades máis pequenas en aquelas con maiores posibilidades de espazos, maior número de persoas asociadas e máis actividade.
 
Xunta de Galicia
Barcelona, 6 de maio de 2013.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, puxo en valor o acordo de colaboración asinado hoxe de xeito pioneiro polas casas galegas de Cataluña, e avanzou que neste mesmo ano tamén se unirán entidades de Alemaña, Cuba, Venezuela e Arxentina. No acto de sinatura deste convenio, no Centro Galego de Barcelona, Feijóo apelou á unidade e á viabilidade que son, dixo, “a primeira garantía de continuidade” destas entidades.

En virtude do acordo asinado hoxe, 15 entidades galegas en Cataluña comezan o seu proceso de unión ou fusión no eido da galeguidade, que dará lugar a 3 novas agrupacións que se constituirán antes do 30 de novembro de 2013. As entidades resultantes serán o Centro Galego de Barcelona: Casa de Galicia de Barcelona e Provincia; a Asociación de Centros e Casas Galegas de Cataluña; e a Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña.

Este proceso non significa que perdan a súa identidade xurídica se fan unha renuncia expresa ao seu recoñecemento como comunidades galegas a favor da entidade resultante. Ademais, a Secretaría Xeral da Emigración asinará este ano un convenio coas asociacións inmersas neste proceso no que lles garante a media de subvencións recibidas nos tres últimos anos. A curto e medio prazo, este dimensionamento das entidades galegas de Cataluña rematará nunha integración efectiva das entidades máis pequenas en aquelas con maiores posibilidades de espazos, maior número de socios e socias e máis actividade.

A viabilidade como garante da continuidade
O titular da Xunta asegurou que a alianza selada hoxe polas entidades galegas de Cataluña “é o mellor comezo para dar resposta a retos cada vez maiores” e “para abrir as portas das casas galegas” aos máis novos. “Para ser máis viables é boa a unidade das entidades máis pequenas con outras que teñen máis posibilidades de espazos, máis socios e máis actividade, porque a viabilidade é a primeira garantía da vosa continuidade”, aseverou.

Na súa intervención Feijóo apelou á unión e á cooperación que teñen sido, dixo, o instrumento para que “Galicia exista en Cataluña” e para que “transcenda dos mapas”. E ha ser a fórmula, engadiu, para que estas entidades galegas “transcendan no tempo”. “Ninguén pode cuestionar que os lazos de Galicia cos seus emigrantes son intensos, pero ademais, o camiño que trazades as casas galegas de Cataluña desde hoxe demostra que tamén poden ser duradeiros”, enfatizou.

O presidente do Executivo autonómico galego comprometeu a “compañía” e o “respaldo” da Xunta neste proceso de colaboración entre entidades no que o Goberno galego, dixo, “cre firmemente”, e que ten impulsado a través de medidas como a Lei de galeguidade ou favorecendo que as ordes de axuda á emigración prioricen a aquelas entidades que se unan.

“Abristes Galicia ao mundo e abrístesnos os ollos á cooperación”, apostilou; agora “Galicia segue necesitando o voso exemplo” e “necesita do voso apoio nunha das súas apostas máis decididas, que é a internacionalización”, concluíu.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas