GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Jesús Vázquez visitou o mural 'Os músicos', de Seoane, en Bos Aires

(06/05/2013)

Jesús Vázquez visitou o mural 'Os músicos', de Seoane, en Bos Aires

Cronicas de la Emigración

Mariana Ruiz, Bos Aires - | 06 de Maio de 2013


El conselleiro de Cultura y delegado de la Xunta, durante la visita para ver los murales de Seoane.
O conselleiro de Cultura e delegado da Xunta, durante a visita para ver os murais de Seoane.

No marco da súa viaxe oficial de cinco días á Arxentina, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do Goberno galego, Jesús Vázquez, visitou o mural 'Os músicos' do artista galaico-arxentino Luis Seoane. Nunha galería céntrica da cidade de Bos Aires, onde se encontra a obra recentemente restaurada de Seoane, Vázquez reuniuse, o sábado 4, co xefe de Gabinete do Ministerio de Cultura, Josefina Delgado; a coordinadora do proxecto de restauración de obras de arte en espazos públicos, Yamile García; e a restauradora Alicia Marzorati.

No marco da súa viaxe oficial de cinco días á Arxentina, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do Goberno galego, Jesús Vázquez, visitou o mural 'Os músicos' do artista galaico-arxentino Luis Seoane. Nunha galería céntrica da cidade de Bos Aires, onde se encontra a obra recentemente restaurada de Seoane, Vázquez reuniuse, o sábado 4, co xefe de Gabinete do Ministerio de Cultura, Josefina Delgado; a coordinadora do proxecto de restauración de obras de arte en espazos públicos, Yamile García; e a restauradora Alicia Marzorati.

Tras o encontro, o titular da carteira galega de Educación e Cultura sinalou que "se fixo un traballo magnífico" que ofrece, dixo, unha "oportunidade única" de poder contemplar esta obra de arte.

Por outra parte, Vázquez adiantou que Galicia está disposta a apoiar a proposta arxentina ante a Unesco para declarar patrimonio cultural da humanidade a obra que o artista deixou na cidade. Nesta dirección, valorou tamén o proxecto 'Estética Urbana' que está a levar adiante o Goberno da cidade, polo que está a restaurar sete murais do artista, situados en diversas galerías comerciais do centro, asegurando a súa conservación ao longo do tempo, a súa accesibilidade ao público e pon en valor a cidade.

Pola tarde, o conselleiro, que estivo acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o escritor Luis González Tosar; e o delegado do Goberno galego en Arxentina, Alejandro López, visitou o panteón galego no cemiterio da Chacarita
onde depositou unha ofrenda floral e rendeu homenaxe a Alfonso Castelao, unha figura emblemática do galeguismo que viviu e morreu na diáspora.

Ademais, visitou o estand de Galicia na 30ª edición da Feira do Libro de Bos Aires, "para dar apoio -apuntou- ás editoriais galega que alí expoñen as súas novidades". No estand galego, Vázquez reuniuse coa escritora arxentina, descendente de galegos, Claudia Piñeiro.

O conselleiro, acompañado por Luis González Tosar, Valentín García e polo conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España, Santiago Camba, compartiu un café coa escritora que asinou algúns exemplares do seu último traballo, que lles deixou como presente.

Así mesmo, Vázquez informou de que compartiu un encontro cos responsables da Fundación El Libro, ente organizador da Feira, co obxectivo de ampliar a presenza galega neste evento, que o conselleiro cualificou como un dos maiores, no seu título, de fala hispana.

Nesta dirección, asegurou que é fundamental continuar impulsando a internacionalización das editoriais galegas e que a Feira do Libro de Bos Aires ofrece "un escaparate importante" para iso.

O domingo 5, pola mañá, o conselleiro e a súa comitiva depositaron unha ofrenda floral no monumento de Rosalía, no parque o Rosedal na cidade de Bos Aires con motivo da conmemoración do 150º aniversario da publicación de 'Cantares Galegos', de Rosalía de Castro, e posteriormente compartiu unha comida con dirixentes da colectividade galega de Bos Aires, na sede do Centro de Carballiño, no marco dun encontro que cualificou como "moi frutífero", que lles está a permitir -engadiu- "afondar e abrir novas pontes de comunicación" entre a Xunta de Galicia e as entidades no exterior.

"Para un fillo de emigrantes non deixa de ser tamén moi emotivo encontrarse con outros tantos galegos na diáspora", asegurou Vázquez o domingo ao mediodía no centro ourensán de Carballiño.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas