GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Amplíanse os supostos de renovacións de autorización de estranxeiría que se poden realizar telematicamente

(06/05/2013)

Amplíanse os supostos de renovacións de autorización de estranxeiría que se poden realizar telematicamente

O ciclo completo de interacción coa administración pode realizarse xa mediante medios telemáticos

03 maio 2013

Hacienda y Empleo amplían los supuestos de renovaciones de autorización de extranjería




O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, en colaboración co Ministerio de Emprego e Seguridade Social, ampliaron o número de supostos de renovacións de autorización de estranxeiría que se poden presentar a través da Sede Electrónica da Secretaría de Estado de Administracións Públicas.



Os novos supostos, que completan aos de solicitude de renovacións ou autorizacións de residencia e traballo que se poden realizar de xeito telemático dende o pasado mes de xuño, son os seguintes:



Solicitude de Autorización de Residencia de Longa Duración por suposto xeneral de 5 anos de residencia continuada en España.
Renovacións de autorización de residencia temporal e traballo por conta allea.
Renovacións de autorización de residencia temporal e traballo por conta propia.
Renovacións de autorización de residencia non lucrativa.
Renovacións de autorización de residencia por reagrupamento familiar.
Renovacións de autorización de residencia e traballo como traballador altamente cualificado (Tarxeta azul).
Renovacións de autorización de residencia e traballo para investigadores.
Renovacións de autorización de residencia con exceptuación á autorización de traballo.
Modificación de autorización de residencia por circunstancias excepcionais por razóns de arraigamento laboral, social con habilitación para traballar, e familiar, ou calquera outro caso no que o titular obtivese autorización para traballar, a autorización de residencia e traballo por conta allea ou por conta propia.


Conxunto completo de servizos electrónicos de estranxeiría

Desta forma, o conxunto de servizos electrónicos ofrecidos ao cidadán en materia de estranxeiría permitirán que o ciclo completo de interacción coa administración poida realizarse de forma telemática:



Iniciar unha tramitación de renovación.
Recibir notificacións e resolucións.
Achegar documentación.
Realizar o pagamento de taxas.
Consultar o estado do seu expediente.
Solicitar cita previa.
Obter o borrador da súa solicitude de renovación.

É importante resaltar que os servizos a estranxeiros que se prestan a través das aplicacións da AGE non se circunscriben a realizar a solicitude ou renovación, se non que inclúen, de xeito tamén electrónico, a creación do expediente asociado, de tal maneira que o cidadán non necesita presentar, por exemplo, o certificado da AEAT, da Seguridade Social, os de consulado, exteriores, penados e rebeldes, etc... se non que grazas á administración electrónica, todos estes certificados se incorporan por intercambios de información automáticos entre organismos, o que supón unha grande comodidade ao cidadán e un importante aforro de custos e posibles erros á administración



Cos novos servizos telemáticos que xa están en marcha, continúase co impulso á administración electrónica en materia de estranxeiría, facendo partícipes das vantaxes que leva consigo, tanto en comodidade, facilidade e aforro de custos, ao colectivo de cidadáns estranxeiros no noso país.

Aquí deixámos o enlace para que poidas acceder á Sede Electrónica.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas