GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración galega en Frankfurt congrégase en torno á XXIX Semana Cultural

(03/05/2013)

A emigración galega en Frankfurt congrégase en torno á XXIX Semana Cultural

Cronicas de la Emigración

Redacción, Vigo | 02 Maio 2013 -

Música e baile animarán a Semana Cultural Galega en Frankfurt que este ano alcanza a súa vixésimo novena edición, e cuxo obxectivo é congregar á emigración galega na mencionada cidade alemá en torno a un acontecemento pensado para enxalzar a cultura, a lingua e as tradicións galegas.

Neste sentido, "a multiculturalidade que ofrece a cidade de Frankfurt é un dos factores máis importantes considerados pola directiva do Centro Cultural Galego á hora de organizar un evento destas características", recolle no seu discurso o presidente da entidade, José Ramón García Tomé, quen asegura que, no organismo que preside, existe a consciencia de que "difundir e compartir a nosa cultura na diáspora require un grande esforzo e traballo constante".

De aí a continuidade na organización deste evento que comezará a desenvolverse o domingo 19 de maio, coa intervención do grupo 'Follas Novas', creado na década dos oitenta. O labor deste grupo centrouse en "fomentar o ensino de pezas de baile tradicional do rico e variado folclore galego, adaptándoo sempre ás posibilidades dos alumnos,". Iniciouse con simples clases de gaita, pandeireta e baile, pero hoxe en día centra a súa actividade en formar talleres tradicionais e intercambios culturais.

Ademais da actuación de 'Follas Novas', na xornada de inauguración tamén terán o seu momento os 'DJs Rubén e Fran', o 'Grupo Xuvenil Cultural Portugués', o 'Grupo Flamenco Alma Gitana de Obersthausen' e o 'Grupo Aires. ' Ese mesmo día terá lugar a entrega de premios do certame literario 'Letras Galegas'.

O luns día 20 tamén haberá lugar para a actuación de 'Follas Novas' á que seguirá a 'Orquestra Novo Horizonte', 'O Rancho Santa Marta de Offenbach', o 'Grupo Flamenco Chispitas de Höchst', o 'Grupo de Arte Flamenca de Hochst' e 'Rosas de Lume'.

A orquestra 'Novo Horizonte' será a protagonista dos actos programados para o día 21, con actuacións que van dende as 12,00 ata as 21,00 horas. A devandita orquestra tamén estará presente na xornada de clausura, o mércores 22 de maio, onde haberá oco para o espectáculo de 'Xullo', a actuación de 'Paixón Flamenca Niederrad', 'Queimada' e 'Alma de Fuego'.

O presidente do Centro Cultural Galego de Frankfurt agradece a todo o seu "equipo" o "traballo realizado", así como "aos socios, ao grupo Follas Novas' e a todos os participantes no evento". Tamén tivo palabras de agradecemento para os patrocinadores, os asistentes e as institucións españolas e alemás. En especial, fixo énfase na Xunta de Galicia "por achegar o seu gran de area para facer posible que a Semana Cultural Galega de Frankfurt exista".

García Tomé espera que a afluencia de participantes sexa masiva, como xa sucedeu en anteriores edicións, e que "estes días de convivencia sirvan para estreitar as relacións entre todos".

O luns día 20 tamén haberá lugar para a actuación de 'Follas Novas' á que seguirá a 'Orquestra Novo Horizonte', 'O Rancho Santa Marta de Offenbach', o 'Grupo Flamenco Chispitas de Höchst', o 'Grupo de Arte Flamenca de Hochst' e 'Rosas de Lume'.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas