GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

"México segue sendo sinónimo de esperanza para os galegos", destaca Miranda

(03/05/2013)

"México segue sendo sinónimo de esperanza para os galegos", destaca Miranda

Cronicas de la Emigración

Redacción, Cidade de México | 01 Maio 2013 -
Antonio Rodríguez Miranda y el consejero de Empleo, Carlos Moyano, momentos antes de su reunión.
Antonio Rodríguez Miranda e o conselleiro de Emprego, Carlos Moyano, momentos antes da súa
reunión.

Tras pasar as últimas xornadas coñecendo os centros sociais e asistenciais vinculados ás comunidades galegas en Venezuela e Brasil, o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, chegou o martes a México, onde, durante a primeira xornada, se entrevistou con representantes do tecido empresarial galego afincados no país, e coñeceu a sede central do Centro Galego na capital, un dos baluartes fundamentais da galeguidade no mundo.

Miranda comezou o seu periplo mexicano -é a primeira vez que visita oficialmente os Estados Unidos de México- contactando con algúns emprendedores galegos con negocios no país, algúns dos cales se sitúan nos postos máis destacados nos respectivos sectores produtivos. A estes empresarios, Miranda quíxolles transmitir a intención que ten o Goberno galego de alimentar as xa boas relacións nas dúas beiras do Atlántico, nun dobre sentido: o de seguir avanzando no acceso aos mercados exteriores para as empresas galegas, e o de buscar novos investimentos mexicanos na Galicia territorial. Así llo transmitiu tamén ao presidente da Umegal (Unión Mexicana de Empresarios Galegos), Antonio Cortés.

O máximo responsable autonómico en materia de Emigración destacou que "México segue sendo sinónimo de esperanza para os galegos, pois a Historia demostra que no país azteca a diáspora encontrou boas oportunidades para implantarse e crecer". Aínda que México ocupa o posto undécimo entre os países do estranxeiro en número de galegos residentes (con algo máis de 11.000, un 2,5 por cento da cidadanía galega do exterior), a viveza da colonia galega déixase sentir no ritmo e pulso do país, e moi concretamente no Distrito Federal.

Tras o encontro con Cortés, Miranda visitou ao conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en México, Carlos Manuel Moyano, con quen avaliou a situación actual da colonia galega, e tamén as necesidades e inquietudes que os emigrantes transmiten á legación nacional. Inmediatamente despois, tivo oportunidade de saudar tamén o embaixador, Manuel Alabart Fernández Cavada. Con ambos os dous estudou a coordinación de actuacións entre as administracións autonómica e estatal en pro da colectividade no exterior.

Centro Galego

Miranda visitou a sede central do Centro Galego de México, presidido por Luis Piñeiro, con máis dun século de existencia, e un dos grandes referentes da galeguidade no mundo pola súa sostibilidade social e económica, ademais de polo seu carácter de institución formadora e solidaria entre os galegos residentes en toda a nación azteca.

Posúe unha sede central de case 4.000 metros cadrados sita nun antigo pazo de mediados do pasado século, con diversas instalacións culturais e recreativas, entre elas un salón multiúsos de máis de 1.500 metros cadrados. Miranda visitará estas instalacións centrais antes de reunirse coa xunta directiva da institución.

Ademais, o Centro tamén é propietario doutra parcela a corenta quilómetros do centro da cidade, de índole máis lúdica e deportiva, con cen mil metros cadrados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas