GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Fillos do Partido de Lalín celebrou o seu 103 aniversario

(03/05/2013)

Fillos do Partido de Lalín celebrou o seu 103 aniversario

Unha exposición de artesanía, poemas e distincións

Escrito por:
Orballo Ramos
lalín / La Voz 03 de maio de 2013

 

A Sociedade Fillos do Partido de Lalín celebrou recentemente o seu 103 aniversario cunha xornada socio cultural que tivo como escenario o salón do antigo pazo do Centro Galego Na Habana e en presenza de centenares de asociados. A presidenta do colectivo, Mariña García Moreira, destacou o labor desenvolvido ao longo de máis dun século e a figura dos fundadores: Cándido Lamas, presidente; o vicepresidente Manuel Lorenzo e o secretario Máximo López. Unha directiva que agrupación na sociedade aos emigrantes de Lalín, Silleda, Agolada, Rodeiro e Dozón. O primeiro ano a agrupación contou xa cun comité de damas que solicitou axuda para a construción de escolas, internados, hospitais e asilos.

Na celebración foron recordadas tamén destacadas figuras da Sociedade como Ramón Fernández, que a presidiu durante máis de de tres décadas e a José Ramón Baluja, Josefina López e Iselda Tamayo. Fíxose mención especial a María Saladina Faílde, Avelina Pego, de Lalín, e a Eugenio López e Dergan Calles polas súas achegas realizadas durante as súas vidas e recoñeceuse a figura da profesora de danza Mariela Lorenzo Toledo polo seu labor a favor da cultura e as tradicións. O colectivo outorgou o Premio Lalín aos mozos Ariel Boza Viqueras e Elrry Hernández Guerra polo seu labor artístico nos festivais e actividades do 2012.

Entregáronse tamén os premios do certame de debuxo infantil a Darío López, Runey Téllez Hernández e Eliany Blas Martínez. A actividade pechouse coa actuación do grupo Viravoltas que dirixe Mariela Lorenzo e a de Raymel Moleiro que narrou contos latinoamericanos. O 28 de abril celebrouse a xunta xeral de asociados na que foron declaradas emigrantes distinguidas Flora, María e Mercedes Igrexas Pérez. Inaugurouse unha exposición de labores de Gladys González, Lourdes Valdés, Margarita Vidal, Eumelia Fiallo, Esther Ayala, Eubise e Mariña García. Yolanda Vidal Felipe falou de Roberto Vidal Bolaño, a quen se dedican as Letras Galegas e Teresa Labourdette e Manuel Álvarez Fuentes leron uns poemas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas