GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Anxo Lorenzo reuniuse con directivos e alumnos do colexio Santiago Apóstolo en Bos Aires

(30/04/2013)

Anxo Lorenzo reuniuse con directivos e alumnos do colexio Santiago Apóstolo en Bos Aires

Mariana Ruiz, Bos Aires |Cronicas da Emigración |
29 Abril 2013 -

 

Anxo Lorenzo e Francisco Lores percorren a Federación de Sociedades Galegas de Arxentina.


O secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo Suárez, iniciou na capital arxentina unha visita de tres días co obxectivo de promover a industria editorial, difundir a cultura galega e estreitar lazos co colectivo rexional local.

Comezando coa súa axenda de traballo, o mércores pasado visitou o Instituto educativo arxentino-galego Santiago Apóstolo e reuniuse cos representantes do Padroado da Fundación Galicia-América en Arxentina, ente responsable da xestión do colexio.

Tras a reunión, Anxo Lorenzo, xunto ao director do Centro Dramático Galego, Manuel Guede, e os escritores Luis González Tosar e Camilo Franco, mantivo un encontro con alumnos do colexio no que afondaron sobre a vida e a obra de Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado este ano pola Real Academia Galega.

Durante a súa intervención, Lorenzo recordou, ademais, que este ano se conmemora o 150º aniversario da publicación de 'Cantares galegos', de Rosalía de Castro, e o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego, avogado, escritor, político e un dos fundadores, xunto a Ramón Piñeiro, da Editorial Galaxia, entre outras cousas.

Pola noite, a comitiva encabezada polo secretario xeral visitou a Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina, onde foron recibidos polo seu presidente, Francisco Lores, o subdirector do Museo da Emigración Galega (MEGA), Miguel Chiloteguy, e un grupo de dirixentes da entidade.

Nesta nova visita, Anxo Lorenzo interesouse sobre a marcha dos traballos de restauración e catalogación que leva adiante o Museo da Emigración Galega (MEGA) en arquivos e fondos documentais e fotográficos de institucións galegas pioneiras que se afincaron na Arxentina a principios do século XX.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas