GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Valedor do Pobo recibiu 78 queixas de emigrantes e inmigrantes en 2012

(30/04/2013)

O Valedor do Pobo recibiu 78 queixas de emigrantes e inmigrantes en 2012

Redacción, Vigo |Cronicas da Emigración
| 29 Abril 2013 -


Pilar Rojo y José Julio Fernández, durante la entrega del informe anual.

Pilar Rojo e José Julio Fernández, durante a entrega do informe anual.

O Valedor do Pobo recibiu en 2012 un total de 78 queixas de emigrantes ou inmigrantes, das cales, foron admitidas 47 (o 68%); 18 (o 23%) remitíronse ao Defensoror do Pobo e 13 (o 17% restante) foron admitidas, segundo figura no informe que o Valedor, José Julio Fernández, entregou á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, a pasada semana.

Asuntos como os referidos a permisos de traballo e residencia ou a renovación do pasaporte, as reclamacións máis habituais desta área, son competencia do Ministerio do Interior e foron remitidas ao Defensor, mentres que as queixas admitidas a trámite polo Valedor fan referencia á solicitude e trámites de subvencións.

Nesta materia, a Xunta de Galicia promove convocatorias polas que se establecen axudas puntuais á emigración e inmigración, tales como programas e proxectos de integración e de axudas a emigrantes retornados, tanto para retornar a Galicia de forma definitiva como para visitala, así como bolsas de estudos, programas de campamentos, subvencións e outro tipo de axudas para a realización de accións de acollida e integración, así como axudas aos galegos residentes no exterior. E é neste tipo de cuestións ás que a Administración galega ve circunscrita a súa capacidade de actuación e nas que poden xurdir discrepancias co administrado.

O número de queixas admitidas a trámite no ano 2012 elévase a un total de 47, sendo as máis numerosas aquelas que se refiren sobre todo a emprego, centradas principalmente en cursos de formación, mentres que os referentes a seguridade social e migración resultan menos relevantes, pois se corresponde cunha materia cuxo principal ámbito de actuación é de carácter estatal.

Durante o pasado ano recibíronse numerosos escritos relativos a prestacións por desemprego, funcionamento das oficinas do servizo público de emprego, pensións do Instituto Nacional e da Seguridade Social e recoñecementos de incapacidade temporal, entre outras.

En todos os casos, infórmase debidamente o cidadán do ámbito competencial da queixa, facilitando os datos para dirixir o seu escrito ao Defensor do Pobo, pois é este o que ten capacidade para resolvelo.

No que se refire a cuestións de traballo, recibíronse reclamacións sobre cursos de formación xestionados pola Xunta, sobre todo no que atinxe aos procesos de selección e convocatorias para participar nos cursos formativos e de selección de postos de traballo. Tamén se recibiron queixas pola finalización dos contratos de promotores de emprego, a denegación de axudas e irregularidades na bolsa de emprego dun concello.

En materia de Seguridade Social, as reclamacións presentadas facían referencia á denegación da pensión de viuvez, devolución dunha pensión por minusvalía, a petición de axuda por parte dun enfermo en situación de desamparo e a queixa dunha nai con dous fillos que, por estar separada, non percibe axudas por familia numerosa.

Nalgúns destes casos, a Administración respondeu favorablemente, non así noutros, como o caso da muller separada. Malia recoñecer o inxusto do regulamentado, a Administración atense á establecido na lei e recoñece que supostos de familia monoparental, tanto a formada por un ascendente tras o falecemento do outro proxenitor coma a constituída polo pai ou nai sen convivencia co outro proxenitor (separados ou divorciados), deberían estar equiparados para os efectos de ser merecedores dos mesmos dereitos que amparan á familia.

Do total das 78 iniciativas presentadas no Valedor do Pobo, 18 foron remitidas ao Defensor do Pobo, debido a que a materia afectada se correspondía con actuacións de órganos de carácter estatal. Todos estes expedientes arquívanse coa previa comunicación ao interesado da causa que motiva a súa inadmisión, achegando a información e datos necesarios para que poida acudir ao Defensor do Pobo e solicitar ante tal Institución a tutela do dereito que considera vulnerado.

Ademais, un total de 13 queixas non foron admitidas a trámite debido á falta de concorrencia dos requisitos fixados na Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo.

O motivo máis frecuente de inadmisión (5 queixas no 2012) encóntrase no carácter xurídico privado da relación afectada pola queixa, o que non permite a intervención desta Institución ao supervisar esta unicamente as actuacións da Administración da Comunidade Autónoma galega e dos seus entes e empresas públicas ou dependentes, así como a da Administración local naquelas materias que son competencia da nosa Comunidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas