GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta apoia o labor socioasistencial das comunidades galegas en Brasil

(29/04/2013)

A Xunta apoia o labor socioasistencial das comunidades galegas en Brasil

Redacción, Río de Janeiro|Cronicas de la Emigración|29 Abril 2013 -

La comitiva gallega y los responsables de la institución posan ante el Centro Social de Mayores.
A comitiva galega e os responsables da institución pousan ante o Centro Social de Maiores.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asinaron este pasado domingo cadanseu convenios de colaboración en Río de Janeiro coa 'Sociedade Recreio de los Anciâos' e a 'Peña Galega' da Casa de España, entidades prestadoras de servizos sociais á comunidade galega residente nesta cidade brasileira.

Estes dous acordos súmanse ao que o sábado asinaba Rodríguez Miranda na localidade de Santos coa 'Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro', onde visitou as instalacións, reuniuse coa xunta directiva, e posteriormente formalizou o acordo polo que a Xunta contribúe á atención das necesidades socioasistenciales básicas dos cidadáns galegos alí residentes.


São Paulo

Ademais destas dúas localidades de Santos e Río de Janeiro, o secretario xeral de Emigración visitou tamén São Paulo, concretamente a 'Sociedade Beneficente Rosalía de Castro' (homónoma da de Santos) e a 'Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao', onde tivo oportunidade de achegarse ás inquietudes da colonia galega residente na megalópole brasileira, sobre todo á de idade máis avanzada.

Na súa estanza en São Paulo, Miranda tamén aproveitou para entrevistarse con empresarios galegos afincados na cidade, e contactar coa entidade que os agrupa, nun novo impulso por fortalecer a aposta que a Administración autonómica fai para aproveitar os galegos do exterior como posibles pontes de conexión para captar investimentos, e abrir novas vías de negocio en terceiros países, para as empresas radicadas na Galicia territorial.

Unha diáspora activa

Estas tres localidades (São Paulo, Santos e Río de Janeiro) son o foco fundamental da residencia dos 40.000 galegos que se calcula residen na República Federativa do Brasil, o que representa máis do nove por cento do total de cidadáns da Comunidade Autónoma residentes no exterior. Esta cifra, ao mesmo tempo, converte a Brasil na terceira nación latinoamericana cun continxente máis importante de galegos, só tras Arxentina e Venezuela.

A colonia galega residente en Brasil involucrouse de xeito moi activo e participativo na vida social, económica, política, deportiva e cultural brasileira, conseguindo un grao de integración excelente, e con experiencias empresariais destacables na nación brasileira.

En Río

Na xornada do domingo, o aspecto socioasistencial volveu ser protagonista da axenda de Miranda, que acompañou á conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, en Río de Janeiro. Mato e Miranda asinaron un convenio de colaboración coa 'Sociedade de Recreio de los Anciâos para Asilo da Velhice Desamparada' e outro coa 'Peña Galega' da Casa de España, para contribuír á atención das necesidades socioasistenciales básicas dos cidadáns galegos, e nalgúns casos os seus descendentes acreditados, residentes no Brasil.

Durante esta estadía, a conselleira destacou que a emigración "é parte importante de nós mesmos, sen a que Galicia non estaría completa, nin podería comprenderse; boa mostra do compromiso da Xunta coa emigración é a nova 'LeiGaleguidade', cuxo anteproxecto consensuamos coas entidades máis representativas no exterior", incidiu o titular de Benestar.

En definitiva, subliñou Mato, trátase dunha Lei, pois, encamiñada a consolidar as nosas relacións e a nosa identidade, enriquecéndonos mutuamente a todos os niveis, dentro e fóra do noso territorio".

Beatriz Mato e Antonio Rodríguez Miranda visitaron tamén as obras de reconstrución do pavillón da Casa de España que quedou moi afectado polas riadas sucedidas en Río de Janeiro en 2011.

Máis de 70.000 euros

En total, contando estes dous convenios máis o de Santos, a Secretaría Xeral de Emigración e o Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar sufragan con 72.000 euros o apoio ao labor socioasistencial dos galegos residentes en Brasil.

O periplo en Río remataba esta mesma noite [madrugada do luns en Galicia] coa visita de Mato e Miranda á 'Sociedade Espanhola de Beneficencia Hospital Español', aínda que o luns representantes do Goberno galego visitarán o 'Club Español' de Niteroi, localidade sita na beira contraria a Río na propia Baía de Guanabara.

Xa o martes e o mércores, e en solitario, o secretario xeral de Emigración finalizará a súa andaina en México, onde, entre outros labores, participará na celebración do Primeiro de Maio que organiza o Centro Galego capitalino azteca, unha das manifestacións populares máis singulares da diáspora galega.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas