GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O número de afiliados estranxeiros á Seguridade Social descendeu en 128 persoas en marzo en Galicia

(24/04/2013)

O número de afiliados estranxeiros á Seguridade Social descendeu en 128 persoas en marzo en Galicia

A Comunidade rexistrou un decrecemento anual do 6,5% e alcanza os 31.497 cotizantes, 2.200 menos que no primeiro trimestre de 2012

EUROPA PRESS. 23.04.2013

O número de afiliados estranxeiros á Seguridade Social descendeu en 128 persoas en marzo en Galicia, o que supón un 0,4 por cento menos e alcanza os 31.497 cotizantes ao peche do primeiro trimestre de 2012, o que leva consigo un decrecemento anual do 6,53 por cento, segundo informou este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


En concreto, na provincia de Ourense perdéronse 54 afiliados en marzo (-1,3%); outros 53 na Coruña (-0,45%), outros 20 en Pontevedra (-0,18%) e un en Lugo (-0,03%). Os 31.497 de Galicia representan o 1,96 por cento do total de cotizantes estranxeiros en España.

Deste modo, na comparativa anual, o número de afiliados estranxeiros caeu en 2.200 persoas; 976 en Pontevedra (-8%), outros 558 na Coruña (-4,6%); 449 en Lugo (-8,86%) e 218 menos en Ourense (-5,06%).

Do total de inmigrantes en alta ao finalizar o pasado mes de marzo en Galicia, 25.001 cotizaban ao Réxime Xeral; 4.997 ao de Autónomos; e 1.498 ao do Mar. Ademais, por sexos, 16.985 son homes e 14.512 mulleres.

Por sectores de actividade, dentro do Réxime Xeral un total de 4.851 estranxeiros (o 19,4%) traballa no ámbito do fogar e 4.449 (o 17,8%) en hostalaría. No Réxime de Autónomos, 1.764 (o 35,3%) dedícase ao comercio e reparación de vehículos de motor e bicicletas e 1.083 (o 21,68%) á hostalaría.

Na Comunidade galega 12.570 afiliados estranxeiros proceden de países da Unión Europea, destacando 6.920 deles de Portugal; 2.185 de Romanía; 958 de Italia; 561 de Reino Unidos; 508 de Francia; 369 de Bulgaria; 316 de Alemaña; 22 de Polonia; 109 de Irlanda, entre outros países.

Mentres, 18.927 afiliados estranxeiros proceden de países de fóra da UE, destacando con maior número 2.101 de Colombia; 2.046 de Brasil; 1.538 de Perú; 1.444 de Marrocos; 1.390 de China; e 1.260 de República Dominicana.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xuño 2019
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas