(23/04/2013)
Os estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúanse en 1.604.138 en marzo
A afiliación aumenta este mes en 7.746 persoas, o 0,49% respecto a febreiro
A afiliación á Seguridade Social de cidadáns estranxeiros aumentou en marzo de 2013 en 7.746 ocupados, o que equivale ao 0,49%. En termos anuais, a evolución da taxa de afiliación de persoas de procedencia estranxeira continúa sendo negativa e por enriba da do total de empregados.
A variación anual entre o colectivo rexistrou un retroceso do -5,12% fronte ao -4,27% do conxunto do Sistema. Ambos os dous indicadores revelan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores, no sentido de que a perda de emprego continúa afectando con maior intensidade aos traballadores estranxeiros que aos nacionais.
Baleares e Andalucía, son as comunidades que rexistran o maior incremento intermensual, o 6,78% e o 2,75%, respectivamente; Cantabria (1,03%), Cataluña (0,47%), a Comunidade Valenciana (0,03%) e Madrid (0,01%), tamén rexistran valores positivos.
O balance xeral de marzo reflicte que do total de estranxeiros afiliados, 1.604.138, 998.657 procedían de países de fóra da Unión Europea. O resto, 605.481 persoas, de países comunitarios.
Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrados no Réxime Xeral: 943.184 traballadores, dato que non inclúe o Sistema Especial Agrario (212.992) e o de Fogar (228.299); ségueo o de Autónomos, con 214.863; o Réxime Especial do Mar, 4.437 e o do Carbón que rexistra 363 ocupados.
Cataluña é a comunidade autónoma con maior número medio de afiliados estranxeiros, con 351.605 traballadores (21,92%), seguido da Comunidade de Madrid, con 346.495 (21,60%); Andalucía, con 211.338 (13,17%); e a Comunidade Valenciana, con 170.164 (10,61%).
Por sexos, da cifra total de 1.604.138 afiliados, 844.213 son homes e 759.924 mulleres.
Os datos de afiliados por comunidades autónomas distribúense así:
TOTAL XERAL Xeral (1) S.E. Agrario S.E. Fogar AUTÓNOMOS MAR CARBÓN TOTAL ANDALUCÍA 182.408 75.453 85.619 21.336 28.612 318 0 211.338 ARAGÓN 46.316 33.139 5.546 7.631 6.178 0 85 52.579 ASTURIAS 10.748 7.451 326 2.971 1.981 251 219 13.199 ILLES BALEARS 43.265 34.323 1.465 7.476 12.831 129 0 56.225 CANARIAS 60.884 53.265 3.010 4.609 16.266 417 0 77.566 CANTABRIA 8.908 6.120 243 2.545 1.474 157 0 10.539 CASTELA-LEÓN 42.421 29.093 5.263 8.065 5.655 0 59 48.134 CAST.-A MANCHA 48.757 28.351 14.630 5.776 5.737 0 0 54.494 CATALUÑA 304.682 248.610 13.241 42.831 46.223 700 0 351.605 C. VALENCIANA 140.149 92.912 28.848 18.390 29.638 376 0 170.164 EXTREMADURA 10.639 4.946 4.363 1.331 1.692 0 0 12.332 GALICIA 25.001 18.936 1.215 4.851 4.997 1.498 0 31.497 C. DE MADRID 309.709 234.740 1.673 73.296 36.746 41 0 346.495 R. DE MURCIA 72.328 24.105 41.615 6.608 5.219 132 0 77.680 NAVARRA 19.041 12.218 2.767 4.056 2.698 0 0 21.740 PAÍS VASCO 41.817 28.630 1.264 11.923 6.731 398 0 48.945 A RIOXA 11.080 7.178 1.895 2.007 1.403 0 0 12.484 CEUTA 2.602 1.418 4 1.180 241 18 0 2.861 MELILLA 3.719 2.297 4 1.417 542 2 0 4.263 TOTAL 1.384.474 943.184 212.992 228.299 214.863 4.437 363 1.604.138
(1) No se incluen os afiliados dos Sistemas Especiais Agrario e de Fogar
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas