GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Catálogo de Ocupacións de Difícil Cobertura Segundo Trimestre de 2013

(23/04/2013)

Catálogo de Ocupacións de Difícil Cobertura Segundo Trimestre de 2013

www.parainmigrantes.info  abril 22, 2013

Foi publicado o Catalogo de Ocupaciones de Difícil Cobertura para o segundo trimestre de 2013. Os postos de traballo redúcense ao sector de deportistas e adestradores deportivos e a traballadores do mar.

O artigo 65 do Real Decreto 557/2011, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Lei Orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, tras a súa reforma por Lei Orgánica 2/2009 establece que, para os efectos de determinar a situación nacional de emprego, o Servizo Público de Emprego Estatal elaborará, con periodicidade trimestral, de acordo coa información subministrada polos Servizos Públicos de Emprego Autonómicos e previa consulta da Comisión Laboral Tripartita de Inmigración, un Catálogo de Ocupacións de Difícil Cobertura para cada provincia ou demarcación territorial que, se é o caso, estableza a correspondente Administración Autonómica, así como para Ceuta e Melilla. Nas provincias insulares, o Catálogo poderá establecerse para cada illa ou agrupación delas.

Para a confección do presente Catálogo, o Servizo Público de Emprego Estatal tivo en conta criterios técnicos acerca do impacto sobre o emprego da inclusión das ocupacións relacionadas co sector de Mariña Mercante, así como dos adestradores e deportistas profesionais. Estes criterios establecéronse conxuntamente coas unidades da Administración Xeral do Estado, que polo seu ámbito de actividade teñen autoridade e coñecemento sobre as materias relacionadas coas devanditas ocupacións.


A cualificación dunha ocupación como de difícil cobertura implica a posibilidade de tramitar a autorización inicial de residencia temporal e traballo por conta allea dirixida ao extranxeiro. En virtude da competencia que o mencionado artigo 65 confire ao Servizo Público de Emprego Estatal, esta Dirección Xeral elaborou o Catálogo de Ocupacións de Difícil Cobertura, con vixencia para o segundo trimestre de 2013 e resolve, logo de consulta coa Comisión Laboral Tripartita de Inmigración, dar publicidade a este, incluíndose o seu contido no Anexo adxunto.

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas