GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Anxo Lorenzo visitará a Federación de Asociacións Galegas de Arxentina

(22/04/2013)

Anxo Lorenzo visitará a Federación de Asociacións Galegas de Arxentina

Cronicas da Emigración, Bos Aires | 19 Abril 2013 -

As autoridades da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina recibirán o próximo mércores, día 24, a partir das 20 horas, a visita do secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, quen estará novamente no país para participar na 39ª Feira Internacional do Libro.

O dirixente do Goberno autonómico, que considera na súa axenda de traballo varias reunións con entidades galegas locais, procura con estes contactos persoais continuar afianzando os lazos de diálogo e cooperación, ao tempo que impulsa darlle maior difusión á cultura galega no exterior.

No seu novo encontro cos directivos da Federación interiorizará se tamén acerca da marcha dos traballos de restauración e catalogación que leva adiante o Museo da Emigración Galega (MEGA) en arquivos e fondos documentais e fotográficos de institucións galegas pioneiras que se afincaron na Arxentina a principios do século XX.

Nacido en Vigo en 1964, Anxo Lorenzo é licenciado en Filoloxía Hispánica e doutor en Filoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona. Exerceu como profesor do departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo dende 1992, onde tamén é profesor titular dende 2000.

No ámbito da política lingüística, foi durante cinco anos director do Servizo Lingüístico da Universidade de Vigo (2001-2006). Participou na elaboración do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega como secretario da Comisión n.º 2.

Dende 2009, Anxo Lorenzo exerceu como secretario xeral de Política Lingüística na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, antes de ser designado no actual cargo polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o 4 de xaneiro de 2012.

Lorenzo xa estivo na Federación o mércores 25 de abril de 2012.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas