GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O número de estranxeiros con residencia legal en España aumenta un 3% en 2012

(22/04/2013)

O número de estranxeiros con residencia legal en España aumenta un 3% en 2012

elEconomista.es | Europa Press | 19/04/2013 -

inmigrantes.jpg

Os inmigrantes con residencia legal en España crecen un 3%. Foto: Arquivo.

Os estranxeiros residentes en España alcanzaron a cifra de 5.411.923 ao peche de 2012, o que supón un incremento do 3% (unhas 160.800 persoas) respecto ao ano anterior, motivado principalmente polo crecemento do grupo de foráneos procedentes de países da Unión Europea, que suma 100.729 novos membros, un 3,94% máis en 12 meses.
Segundo os últimos datos da Secretaría Xeral de Inmigración, europeos (49,06%, 2.655.347 persoas) e non europeos (50,94%, 2.756.576 persoas) están practicamente na mesma proporción. A balanza foise inclinando en favor dos comunitarios dende a ampliación da UE polo cada vez maior peso da inmigración de cidadáns de Romanía a España.

Este colectivo, que non parou de crecer na última década, freou o ritmo en 2012 cun incremento do 0,61% fronte ao 11,04% que crecera no ano anterior, cando o Goberno impuxo de novo restricións para o seu acceso ao mercado laboral. Con todo, suman xa máis de 918.000 cidadáns vivendo en España, un terzo do total de europeos. Reino Unido (250.336 residentes), Italia (193.257), Alemaña (132.007) e Francia (106.897) aumentaron entre un 6 e un 8%, e xunto a Bulgaria (177.590), e completan a lista de países comunitarios con maior representación en España.



Cambio de tendencia nos non europeos

En canto aos inmigrantes de países non europeos, polo menos tres comunidades minguaron o ano pasado: os ecuatorianos caeron un 3,83%; os colombianos, un 2,77%; os peruanos un 2,1% e os arxentinos un 1,32%. Isto supón un cambio de tendencia, xa que estas comunidades se mantiveron en positivo durante 2011. O cambio de tendencia esténdese a Brasil e Bolivia, pois en variación interanual experimentan crecementos do 3,41% e 0,57% respectivamente, aínda que levan dous trimestres decrecendo.

Así, Marrocos mantén a primeira posición en canto a residentes en España en Réxime Xeral (é a segunda comunidade por detrás da romanesa), cun total de 832.657 residentes, tras un incremento do 3,86%. Séguenlle Ecuador e Colombia, con 358.164 e 217.874 residentes respectivamente, malia os descensos. Estes tres países supoñen o 51,12% do total de estranxeiros non comunitarios que viven en España.

Tamén se incrementaron os nacionais de Senegal, India, China, Alxeria, Ucraína, República Dominicana, Paraguai e Paquistán, sendo estas últimas as que experimentaron os maiores crecementos porcentuais, cun 12,68% e un 8,41% respectivamente, é dicir 4.486 e 5.163 estranxeiros máis.

Barcelona, a cidade con máis non comunitarios

Por lugar de residencia, o 20,05% dos estranxeiros non comunitarios viven en Barcelona, que conta cunha poboación de 552.121 inmigrantes. Ségueno Madrid, Murcia, Valencia, Alicante e Girona con máis de cen mil residentes en cada unha. Xuntas, albergan o 57,14% do total de inmigrantes. Os incrementos trimestrais máis destacados producíronse en Madrid, Alicante, Almería e Girona, con aumentos de 3.075, 2.911, 1.639 e 1.616 residentes máis cada unha.

Todas as comunidades autónomas aumentan o número de residentes en Réxime Xeral con respecto ao ano anterior salvo a Comunidade de Madrid, que perdeu 605 inmigrantes no último ano. A maior variación interanual recae en Melilla (incremento do 21,68%), seguida da Cidade Autónoma de Ceuta (8,58%), País Vasco (6,19%) e Principado de Asturias (4,32%).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas