GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

"Os expedientes de nacionalidade estarán resoltos antes de Xuño"

(19/04/2013)

"Os expedientes de nacionalidade estarán resoltos antes de Xuño"

O ministro de Xustiza anunciou que os expedientes de nacionalidade incluídos no Plan Intensivo de Nacionalidade Española, máis de 400.000, estarán concluídos antes de Xuño.

www.parainmigrantes.info abril 17, 2013

Nunha comparecencia no Congreso, Gallardón deu máis datos sobre o estado actual do Plan Intensivo de Nacionalidade Española, indicando que este pretende deixar resoltas os máis de 400.000 expedientes que deixou pendentes o anterior Goberno.

Segundo o manifestado por Gallardón, o Plan Intensivo de Tramitación de nacionalidades foi merecedor dun premio ao mellor Proxecto de Administración electrónica en 2013. Como xa indicamos nalgunha ocasión en Parainmigrantes.info, neste proxecto participaron oito ministerios, o Colexio de Rexistradores e o Consello Xeral o Notariado. Grazas a el conseguiuse acabar co atoamento de 400.000 solicitudes de nacionalidade.

Anteriormente, resolvíanse 120.000 expedientes ao ano fronte aos 150.000 que ingresaban, o que ocasionara unha acumulación de máis de 30.000 anualmente. Dende o pasado mes de novembro, o actual Executivo resolveu 278.000. Agora, tras a firma da encomenda de xestión co notariado, axilizarase tamén a acta de xuramento ou promesa.

Esta Plan Intensivo de Nacionalidade é só a punta do iceberg dun ambicioso proxecto do Ministerio de Xustiza para "introducir eficacia e claridade" no procedemento para a concesión da nacionalidade española mediante a incorporación da xurisprudencia do Tribunal Supremo e o establecemento de criterios obxectivos e homoxéneos na proba de integración que realizan os encargados dos Rexistros Civís.

O Ministerio traballa nesa liña no Anteproxecto de Reforma Integral dos Rexistros que está a preparar. Nel tamén se intenta adaptar o Código Civil ás causas de perda de nacionalidade previstas no artigo 7 do Convenio Europeo sobre Nacionalidade asinado en Estrasburgo en 1997 que resulta o instrumento obxectivo multilateral que maiores garantías recoñece na materia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas