GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Campaña de inscrición de cédulas para as eleccións xerais en Colombia 2014

(19/04/2013)

Campaña de inscrición de cédulas para as eleccións xerais en Colombia 2014

Os Consulados de Colombia en España iniciaron o pasado 9 de marzo a inscrición de cédulas para as votacións de 2014

www.parainmigrantes.info abril 18, 2013

O próximo ano Colombia celebra eleccións xerais e os colombianos residentes no exterior poderán votar para o Senado pola circunscrición nacional ou pola circunscrición indíxena, e na elección de representantes á Cámara poderán votar pola Circunscrición Internacional, pola circunscrición indíxena ou pola de comunidades negras.

inscripción



Así mesmo, acudirán ás urnas para elixir os represantes por Colombia ao Parlamento Andino e á Presidencia e Vicepresidencia da República.

Para facilitar a posibilidade aos cidadáns residentes no exterior de exercer o seu dereito ao voto, os Consulados de Colombia en España, seguindo o disposto pola Rexistraduría Nacional do Estado Civil, iniciaron o pasado día 9 de marzo a inscrición de cédulas para as votacións de 2014.

Para axilizar a inscripición de cédulas no exterior habilitouse unha plataforma tecnolóxica para que o cidadán faga a preinscrición da súa cédula a través de internet ingresando os seus datos persoais. Para formalizar a inscrición, o cidadán debe presentarse ante o funcionario consular coa súa Cédula de Cidadanía con Hologramas ou Pasaporte Vixente para a toma de pegada dactilar e confirmación da inscrición. Tamén se poderá facer a inscrición de xeito persoal nos horarios habituais de atención ao público dos Consulados.

Como novidade para as eleccións de 2014 os colombianos residentes no exterior poderán acudir ás urnas durante unha semana, segundo quedou establecido no Artigo 51 da Lei 1475 de 2011 "Os períodos de votación dos cidadáns colombianos residentes no exterior deberán estar abertos durante unha semana, entendéndose que o primeiro día é luns anterior á data oficial da respectiva elección no territorio nacional. O anterior para facilitar o desprazamento de cidadáns colombianos que se poden encontrar distantes da sede consular".

Os cidadáns que xa están incorporados no Censo Electoral non necesitan realizar unha nova inscrición, salvo que desexen cambiar o seu lugar de votación.

Para máis información sobre a inscrición da cédula, consulte a web do Consulado de Colombia en Madrid.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas