GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Lista de representacións estranxeiras que emiten documentos directamente legalizados polo MAEC

(19/04/2013)

Lista de representacións estranxeiras que emiten documentos directamente legalizados polo MAEC

Por regra xeral, todo documento público estranxeiro debe ser legalizado para ter validez en España

www.parainmigrantes.info abril 18, 2013

Para que un documento estranxeiro teña validez en España, salvo que exista algún instrumento xurídico que exima desa obriga, ten que ser legalizado.

A legalización é un acto administrativo polo que se outorga validez a un documento público estranxeiro, comprobando a autenticidade da firma posta nun documento e a calidade en que a autoridade asinante do documento actuou.

 


legalización de documentos


Seguramente en numerosas ocasións necesitastes legalizar algún documento do voso país para que teña validez en España e volo acepten na Oficina de Estranxeiría, no Rexistro Civil, ou nalgún outro órgano administrativo.

Salvo os países asinantes do Convenio da Haia, ou dalgún outro acordo específico, a legalización realízase polo Ministerio de Asuntos Exteriores do país, polo Consulado de España no país, e polo Ministerio de Asuntos Exteriores de España. Non obstante, algunhas representacións estranxeiras en España poden emitir documentos legalizados directamente polo MAEC. Estes países son:

* Afganistán: Autorizada a expedir Certificados de Antecedentes Penais.

* Armenia: Autorizada a expedir Certificados de Antecedentes Penais.

* Bolivia: Autorizada a expedir Certificados de Antecedentes Penais.

Autorizada a expedir Certificados de Nacemento, Matrimonio e Defunción.

* Cabo Verde: Autorizada a expedir Certificados de Antecedentes Penais.

Autorizada a expedir Certificados de Rexistro Civil.

* Colombia: Autorizada a expedir Certificados de Antecedentes Penais.

* Ecuador: Autorizada a expedir Certificados de Antecedentes Penais.

* Estonia: Autorizada a expedir Certificados de Rexistro Civil.

* Perú: Autorizada a expedir Certificados de Antecedentes Penais.

* República Dominicana: Autorizada a expedir Certificados de Antecedentes Penais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas