GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Centro Galego de Barcelona elixiu ao seu novo Consello Consultivo

(18/04/2013)

O Centro Galego de Barcelona elixiu ao seu novo Consello Consultivo

Cronicas da Emigración, Antonio Díaz, Barcelona | 18 Abril 2013 -

El pintor Julián Navés Viñas, firmando en el libro de visitas del
Centro Gallego.
O pintor Julián Navés Viñas, asinando no libro de visitas do Centro Galego.

O pasado venres, día 12, tivo lugar no Centro Galego de Barcelona unha nova Asemblea Xeral Extraordinaría na que se elixiu ao novo Consello Consultivo, que quedou formado por: Anxos Pérez Guerra, Aurora Quiroga, Pilar Ansede, Maite Raposo e Santiago Álvarez. Este órgano é un dos que máis poder acumula nesta entidade, dado que no caso de dimisión do presidente, queda a cargo da entidade ata as novas eleccións; é a primeira vez na historia da entidade en que a maioría dos membros deste órgano está compostos por mulleres.

A expresidenta da entidade Ángeles Pérez Guerra será a presidenta do Consello Consultivo; o resto dos cargos están ocupados pola extesoureira Maite Raposo, ou por dúas históricas no movemento cultural da entidade dende hai máis de 25 anos: Aurora Quiroga é unha histórica do Coro, así como Pilar Ansede éo do grupo de baile e gaitas; colaborando coa xestión cultural.

Así mesmo, o sábado tivo lugar a estrea en Barcelona da película 'Mr.Smith & Mrs. Wesson', protagonizada por: Octavio Pujades, Camila Bossa, Luís Iglesias B., Xabier Deive, María Mera, Daniel Currás e Iván Marcos.

A primeiros de maio retirarase a exposición de pintura 'Ribadeo e a Mariña Lucense', de Julián Navés Viñas.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas