GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O prazo de solicitude para os campamentos de verán da Xunta finaliza o 22 de abril para os mozos no estranxeiro

(17/04/2013)

O prazo de solicitude para os campamentos de verán da Xunta finaliza o 22 de abril para os mozos no estranxeiro

A campaña deste ano chegará a preto de 8.200 mozos de entre 9 e 35 anos, 180 do exterior

E. E. 16 de abril de 2013

Preto de 8.200 mozos, case 100 persoas máis que en 2012, poderán participar este ano na campaña de verán que organiza a Consellería de Traballo e Benestar para ofertar á xuventude actividades de carácter lúdico, cultural ou deportivo.



As actividades están dirixidas a persoas entre 9 e 35 anos e están divididas en actividades específicas para os distintos grupos de idade.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou o pasado 2 de abril esta iniciativa, na que o departamento autonómico inviste case 2,3 millóns de euros para estas actividades, que permitirán a contratación dunhas 900 persoas entre monitores e directores de tempo libre. Rodeiro puxo en valor o esforzo da Xunta para manter esta campaña, e ata a incrementar, fronte a outras comunidades autónomas que suspenderon esta actividades pola actual situación económica.
Na programación inclúense: campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada das instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con descendentes de galegos residentes no exterior.

O prazo de presentación de solicitudes, que era de 15 días naturais dende o día seguinte á publicación da orde no DOG, ampliouse ata o 22 de abril para os mozos galegos residentes no exterior. No enlace web https://emigracion.xunta.es/node/20540 pódese acceder a toda a información, requisitos, documentación e formularios de solicitude.
Este ano levarase a cabo tamén o proxecto Conecta Galicia, un programa rotatorio de convivencia entre participantes galegos e da Galicia exterior. Ao abeiro desta actividade, organizaranse actividades lúdicas e tamén sobre o Camiño de Santiago e o mar galego para descubrir o patrimonio histórico cultural, así como o medio mariño.

Os requisitos
En total, os mozos da Galicia exterior terán reservados 180 prazas entre as que se inclúen as deste programa e 20 a maiores en campos de traballo.
Os requisitos esenciais dos participantes son ser mozos de entre 14 e 30 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos en Galicia ou descendentes de emigrantes galegos ata o segundo grao de consanguinidade e con nacionalidade española, os maiores de 18 anos acreditarán a súa vinculación cun concello galego no censo electoral de residentes ausentes.
Nas actividades de aire libre convócanse 160 prazas, en dous grupos de idades (de 14 a 17 anos e de 18 a 20 anos), no mes de xullo, con seis días participando en actividades para coñecer o Patrimonio Histórico Cultural das respectivas zonas e percorrendo a pé o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela e os seis restantes en zona de costa, onde realizarán actividades de náutica de recreo e de coñecemento do medio mariño.
Respecto aos campos de traballo, convócanse 20 prazas en distintas localidades para participantes con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade, que se desenvolverán principalmente na segunda quincena de xullo e na primeira de agosto.
Este Programa cobre a totalidade dos gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos en Galicia. Os custos dos billetes de ida e volta dende os países de orixe a Galicia financiaranse ao 100% ou ao 50%, segundo o establecido nas bases reguladoras.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas