GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Mapa de inmigración no Reino Unido

(16/04/2013)

Mapa de inmigración no Reino Unido

El Northern/ By Irene Palomino on 13 abril, 2013

uk

Reino Unido foi durante moitos anos (e non cabe dúbida de que o segue sendo hoxe en día) un lugar moi atractivo para inmigrantes de todas partes do planeta. Con toda seguridade, Londres é a cidade con mais poboación non-británica do país, non obstante, as cidades mais pequenas non se quedan atrás en canto a poboación inmigrante refírese.

No mapa da imaxe que acompaña a esta noticia, móstranse as principais urbes británicas e o país de orixe da maior comunidade de inmigrantes en cada unha delas.

Por exemplo, queda patente o predominio de poboación búlgara en Herefordshire, de Lituanos en Peterborugh ou Eslovacos en Warrington, Cheshire.

A incrible mestura de culturas das grandes cidades atrae aínda mais a persoas provenientes de todo o planeta; por exemplo, Birmingham é a cidade preferida pola comunidade chinesa ou Edinburgo por españois, polacos e irlandeses.

O mapa baséase nos últimos datos obtidos no "Department for Work and Pensions" (Departamento de Traballo e Pensións). Unha das cifras mais rechamantes foi que no último ano 600.810 inmigrantes solicitaron o National Insurance Number (o documento necesario para traballar en UK) nalgunha das oficinas do Job Centre. Estes datos tamén revelaron que unha de cada sete persoas vivindo no UK non naceu no país.

O maior grupo de inmigrantes que se instalaron no Reino Unido é a comunidade de orixe polaca, seguida da comunidade India e Paquistaní.

É importante ter en conta que estes datos non son 100% fiables, xa que non representan aqueles que non se encontran de xeito legal no país.

O número de inmigrantes pasou de 4.6 millóns no ano 2001 a 7.5 na actualidade.

A continuación, deixámosvos o ranking das dez cidades con maior poboación estranxeira en Gran Bretaña:

1. Polonia - 79.140 - Norte Irlanda

2. India - 47.270 - Newham, London

3. Paquistaní - 38.300 - Birmingham

4. Lituania - 33.190 - Peterborough

5. España - 30.370 - Edinburgo

6. Italia - 24.280 - Haringey, London

7. Romanía - 22.940 - Brent, Londonuk

8. Francia - 21.560 - Westminster, C London

9. Letonia - 18.590 - Peterborough

10. Hungría - 18.110 - Haringey

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas