GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Dirección Xeral de Migracións convoca axudas por 2,6 millóns de euros dos programas de asociacións e maiores e dependentes

(12/04/2013)

A Dirección Xeral de Migracións convoca axudas por 2,6 millóns de euros dos programas de asociacións e maiores e dependentes

O prazo de solicitude finalizará o día 2 de maio

E. E. Xoves, 11 de Abril de 2013.

Os requisitos e o procedemento para acceder a estas axudas aparecen na orde de convocatoria que foi publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) do xoves 11 de abril.



A Dirección Xeral de Migracións convocou as axudas do programa de maiores e dependentes que ascenden a 2,1 millóns de euros, e as do programa de asociacións, cunha contía de 500.000 euros. En ambas as dúas convocatorias, publicadas no BOE do xoves 11 de abril, indícase que o prazo de solitud "será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial do Estado". Ao ser festivo o día 1 de maio o último día para presentar as solicitudes será o xoves día 2 de maio.

As axudas do programa de maiores e dependentes teñen por obxectivo "mellorar as condicións de vida dos españois maiores e/ou dependentes no exterior mediante o apoio a centros sociais, centros de día e residencias de maiores, para a realización de actividades de carácter informativo, social ou asistencial das institucións que teñan como finalidade a atención do devandito colectivo,".

Poderán acceder á condición de beneficiarios destas axudas os centros de día, residencias de maiores ou outras institucións que acollan persoas maiores e/ou dependentes non pertencentes á poboación activa, que teñan a condición de españois no exterior, ou sexan cónxuxes destes, e carezan dos medios suficientes para subsistir por si mesmos.

A contía da subvención non poderá ser superior a 275.000 euros. Ademais, o prazo de execución dos programas subvencionados será dende a data de resolución de concesión da subvención ata o 31 de marzo de 2014.

Dúas finalidades

As axudas do programa de asociacións teñen dúas finalidades. Por unha parte "contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento das federacións, asociacións e centros de españois no exterior". E por outra, "subvencionar os gastos ocasionados polas reparacións e o mantemento dos centros e instalacións de entidades radicadas no exterior, cuxa finalidade sexa a asistencia social, sanitaria e sociocultural en favor dos españois do exterior,".

Poderán beneficiarse destas axudas as federacións, asociacións ou centros de españois no exterior, que conten cun número de asociados maior de cincuenta, e que desenvolvan un labor asistencial a favor dos españois do exterior, así como entidades que teñan por finalidade o apoio e a promoción sociocultural dos españois no exterior.

As entidades solicitantes deberán carecer de ánimo de lucro, estar legalmente constituídas, radicadas no estranxeiro e figurar inscritas, no seu caso, no Censo de Asociacións e Centros da Dirección Xeral de Migracións, con dous anos de antelación á data de presentación da solicitude.

A contía total da axuda non poderá ser superior aos 40.000 euros e o prazo de execución dos programas subvencionados será dende a data de resolución de concesión da subvención ata o 31 de decembro de 2013.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas