GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A xestión da diversidade, nas XI Xornadas de Interculturalidade de Arteixo

(12/04/2013)

A xestión da diversidade, nas XI Xornadas de Interculturalidade de Arteixo

 
  • A temática de encontro será "A xestión da diversidade cultural dende o ámbito local", e celebraranse os vindeiros 25 e 26 de abril na localidade coruñesa de Arteixo.
  • Están organizadas pola ONGD Ecos do Sur en colaboración coa ONG Mestura.
 
XI Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade. «A xestión da diversidade cultural desde o ámbito local»
Cartel das XI Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade. «A xestión da diversidade cultural desde o ámbito local».
A Coruña, 3 de abril de 2013.

O 25 e 26 de abril celebraranse, no Centro Tecnolóxico de Arteixo, as XI Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade, organizadas por Ecos do Sur en colaboración coa ONG Mestura, cofinanciadas polo Concello de Arteixo. Nesta ocasión, a temática de encontro é A xestión da diversidade cultural dende o ámbito local.

Esta iniciativa, de carácter anual, está aberta ao público en xeral, aínda que especialmente destinada a traballadores e traballadoras e estudantes do ámbito social. Durante dous días, Arteixo será o centro do debate acerca da diversidade cultural, con formación específica e presentacións de boas prácticas. Máis aínda, converterase en punto de encontro entre diversas e diversos profesionais de intervención social, no que se fomentará a participación social.

O programa ábrese o 25 de abril, co relatorio Da prevención á sensibilización. Os servizos do Concello de Madrid para favorecer a convivencia: Exemplo de boas prácticas da xestión da diversidade, por Anna Calamita Pérez-Mangado, do Departamento de Inmigración do Concello de Madrid. Seguirao Goizane Mota Gago, técnica do Concello de Bilbao, que falará do Programa muller, saúde e violencia: Prevención dende o empoderamento. E Boas prácticas na xestión da diversidade cultural nas pequenas e medianas empresas, con Puri Ramírez, directora de Área da Plataforma Ad-Ecos Emprendimento Social.

Ás 16,00 horas terá lugar a mesa redonda Boas prácticas no ámbito local dende Entidades Sociais de Galicia, na que participarán María Garrido, directora do Programa Teranga - Fundación Juan Soñador; María Mascuñana, técnica da ONG Mestura; Patricia Ares e Ana Louzán, da ONGD Viraventos, e Carmen Vázquez, responsable territorial en Galicia de ACCEM.

A segunda xornada arrancará con As cidades con futuro son cooperantes: A diversidade é imprescindible, por Toni Puig Picart, profesor de Mercadotecnia Pública en ESADE e asesor do Concello de Barcelona. A continuación falará José Francisco Cano de la Vega, voceiro da Plataforma pola Xestión Policial da Diversidade, sobre A xestión policial da sociedade diversa. Para finalizar, Rita Gómes Faria, técnica da Área de Investigación, Desenvolvemento e Incidencia da Fundación Pluralismo e Convivencia, ofrecerá o relatorio A diversidade relixiosa" no ámbito municipal: criterios de xestión pública e ferramentas de apoio.

O prezo da inscrición é de 6 euros (3 para estudantes, persoas no paro ou xubiladas), o cal inclúe o Xantar Intercultural da sesión do xoves, e que han de ingresarse no número de conta 2100 2725 28 0200034085 (La Caixa), especificando, no concepto do ingreso, "Xornadas" e o nome e apelidos da persoa inscrita. A data límite de inscrición é o martes 23 de abril de 2013. Ademais, é necesario remitir vía correo electrónico (ong@ecosdosur.org) ou por fax (981.16.83.49), a ficha de inscrición cuberta que figura no tríptico co xustificante de pagamento. No caso de ser estudante, persoa no paro ou xubilada, tamén se incluirá a tarxeta de emprego ou documento acreditativo escaneado, segundo corresponda. Está pendente de concesión de 1 crédito de libre configuración por parte da UDC.

Máis información en www.interculturalidade.net

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas