GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta promoverá a fusión de entidades galegas no exterior para lograr maior eficiencia e ofrecer mellores servizos

(09/04/2013)

A Xunta promoverá a fusión de entidades galegas no exterior para lograr maior eficiencia e ofrecer mellores servizos

 
  • O vicepresidente presentou hoxe no Parlamento a Lei de Galeguidade, que fomenta a participación da mocidade e das mulleres nos centros galegos.
  • Destaca a participación e o consenso na elaboración da nova norma e agarda vontade construtiva na Cámara para enriquecer aínda máis o texto.
  • En total, o proxecto de lei recoñece un total de 21 dereitos nos ámbitos social, cultural e tamén na esfera económica.
 
 
 
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a súa comparecencia no Pleno do Parlamento. Foto: Xoán Crespo
    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a súa comparecencia no Pleno do Parlamento. Foto: Xoán Crespo
  •  
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2013.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu hoxe no Parlamento galego o proxecto de Lei de galeguidade, un texto que actualiza a norma de 1983 e do que destacou que, entre outras novidades, aposta por incentivar a fusión das entidades galegas no exterior en aras de lograr unha maior eficacia e mellorar os servizos que os centros ofrecen á colectividade galega.

O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza amosouse convencido de que a unión das asociacións permitirá dispoñer de entidades con maior capacidade para prestar servizos, autosuficientes en recursos e autónomas na programación de actividades. Na actualidade hai 370 entidades galegas espalladas polo mundo, con presenza en 25 países de tres continentes.

O proxecto de lei que entra no Parlamento nace precisamente para potenciar o seu papel, co obxectivo de ter entidades máis fortes, con maior base social e cunha acción máis diversificada. Así, en primeiro lugar a norma amplía o abano de entidades legalmente recoñecidas, establecendo as figuras dos centros colaboradores, as federacións e os centros de estudo e difusión da cultura galega, entre outros.

Así mesmo, delimita os criterios e requisitos que deben reunir as entidades e o procedemento para o seu recoñecemento e, en paralelo, regúlase o Rexistro da Galeguidade. Ademais, figura unha previsión expresa para colaborar co Estado na elaboración dun censo de residentes galegos e galegas no exterior, coa mesma periodicidade que a que rexe para o padrón municipal.

Outro dos grandes eixos da lei pasa pola ampliación da carteira de dereitos recoñecidos ás comunidades galegas no exterior, blindando as actuacións socio-asistenciais de carácter individual,con especial atención ás e aos maiores e ás persoas en risco de exclusión social. En total, o proxecto de lei recoñece un total de 21 dereitos nos ámbitos social, cultural e tamén na esfera económica.

Mulleres, mocidade e novas tecnoloxías
En canto ao reforzo da participación, o texto legal procura a ampliación da base social das colectividades no exterior e para iso aposta por implicar á xente nova e contén previsións explícitas para favorecer a participación das novas xeracións de galegas e galegos nacidos nos países de acollida, así como a plena incorporación das mulleres ás entidades.

Tamén se fai especial fincapé na integración do uso das novas tecnoloxías, como unha ferramenta esencial para o coñecemento e intercambio entre as entidades, as e os asociados e a Xunta. Nese sentido, está prevista a creación dunha plataforma tecnolóxica para as entidades, así como a inscrición de redes sociais virtuais no ámbito da galeguidade.

Axudas socioasistenciais e economía
Outro dos grandes eixos da lei pasa pola ampliación da carteira de dereitos recoñecidos ás comunidades galegas no exterior, e tamén o apoio aos servizos de acción social e sanitaria, con especial atención ás persoas maiores e ás persoas en risco de exclusión social.

Do mesmo xeito incorpóranse as previsións en igualdade de xénero e refórzanse as medidas para a protección e difusión do patrimonio cultural, lingüístico e histórico galegos, con servizos didácticos e audiovisuais, intercambios educativos e culturais e accións formativas.

Finalmente, o vicepresidente tamén fixo fincapé noutro dos papeis que están chamadas a xogar as comunidades no exterior no actual escenario de globalización, como é o da esfera dos vínculos económicos. A este respecto, recordou que a lei incide na coordinación das entidades coas asociacións empresariais galegas no exterior, na procura de dinámicas comerciais e de emprego que á vez fortalezan a marca Galicia e a internacionalización das nosas empresas.

Consenso e participación
Alfonso Rueda subliñou que o texto é froito dun amplo consenso coas comunidades do exterior e, de feito, os borradores do proxecto foron remitidos a todas as comunidades galegas no mundo, celebráronse encontros en seis países e houbo un relatorio específico no X Pleno do Consello de Comunidades Galegas. En todo caso, agardou que o debate parlamentario permita enriquecer aínda máis esta norma, da que destacou a súa importancia como definitoria da nosa condición de nacionalidade histórica.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2019
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas