GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Pleno elixirá aos deputados que defenderán no Congreso a Proposición de Lei sobre o voto exterior

(05/04/2013)

O Pleno elixirá aos deputados que defenderán no Congreso a Proposición de Lei sobre o voto exterior

Redacción, Vigo - |Cronicas da Emigración | 04 de Abril de 2013

O Pleno do Parlamento galego fixará o próximo martes, día 9, o número de membros da Cámara e os deputados que defenderán no Congreso a Proposición de Lei que pretende modificar a Lei orgánica de xullo de 1985 sobre o réxime electoral xeral, para lograr a homoxeneización do procedemento de voto dos españois no exterior co resto de cidadáns residentes no territorio.

A Proposición de Lei pretende responder ás esixencias dos españois no exterior con dereito a voto, que, tras as modificacións recentes introducidas na Loreg no que ao sufraxio do exterior se refire, viron reducidos os seus dereitos á hora de participar nos comicios electorais que se celebran en España.

Ademais de vetar a participación dos emigrantes nas eleccións municipais, a última reforma da Loreg obriga os residentes no exterior que desexen participar no resto de comicios que se convocan en España a 'pregar' o voto, o que está a supoñer importantes dificultades para axustarse aos prazos establecidos no sistema de voto do exterior.

O número de españois emigrantes que participan nos comicios celebrados en España descendeu dun modo alarmante dende a entrada en vigor da modificación da Loreg, o que levou á clase política a formularse cambiar a reforma da lei electoral no que atinxe ao voto exterior.

Ademais desta cuestión, o Pleno do Parlamento galego tamén considera na súa sesión do próximo martes debater o 'Proxecto de LeiGaleguidade', que substituirá á ' Lei de RecoñecementoGaleguidade', en vigor dende 1983.

O Proxecto de Lei, no que estivo a traballar o departamento de Emigración da Xunta na pasada lexislatura, reflexiona sobre o ámbito da 'galeguidade' e a súa intención consiste en conxugar a legalidade normativa sobre a cidadanía galega e a realidade da 'galeguidade' como sentimento de pertenza a unha terra, a unha cultura, a unha sociedade e a unha lingua.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas