GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Aumentaron as remesas que se recibiron en España dende o exterior

(03/04/2013)

Aumentaron as remesas que se recibiron en España dende o exterior

Redacción, Madrid |Cronicas da Emigración 
01 Abril 2013 -

As remesas que se recibiron en España dende o estranxeiro incrementáronse este último ano un 6,7%, ata situarse en 1.395 millóns de euros, fronte aos 1.307 millóns que se rexistraron ao peche de 2011, segundo os últimos datos actualizados polo Banco de España correspondentes ao último trimestre do ano.

Pola contra, as remesas que os inmigrantes residentes en España enviaron aos seus países de orixe reducíronse o 8,3% ao peche de 2012, ata os 1.654 millóns de euros (2.120 millóns de dólares).

Estes datos poñen de manifesto que a crise que vive España provocou que moitos españois tivesen que saír fóra para buscar traballo e que tamén un nutrido grupo de inmigrantes volvese aos seus países de orixe.

Tamén, moitos dos inmigrantes que seguen en España reciben axudas dende os seus lugares de orixe, uns factores que propician unha alza das remesas enviadas ao país, que se converteu nun gran receptor.

Segundo datos da compañía internacional de envío de diñeiro Moneygram, os principais países de destino das remesas enviadas dende España son Romanía, Marrocos e Latinoamérica, e, dentro desta, fundamentalmente Ecuador, Colombia e Bolivia.

Non obstante, os envíos a Romanía e a Marrocos descenderon nun 5%, mentres que aumentaron máis do 10% os de Latinoamérica e Senegal.

En relación ao importe medio por envío, este alcanza os 196 euros no caso dos romaneses; 177 euros, no dos marroquís; 161 euros no dos cidadáns de Senegal; e 246 nos de Colombia.

Os cidadáns de Ecuador envían remesas por un importe medio de 217 euros, os de Bolivia por 202 euros e os de República Dominicana, por 217 euros.

O importe medio máis elevado corresponde aos ucraínos, con 362 euros de media por envío, e os máis baixos, aos de Mali, con 150 euros

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas