GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Núñez Feijóo ten interese en visitar Cuba antes de 2014

(02/04/2013)

Núñez Feijóo ten interese en visitar Cuba antes de 2014

Feliberto Carrié, A Habana -Cronicas da Emigración 
| 01 de Abril de 2013




Rodríguez Miranda, durante a súa viaxe a Cuba.
 

"O presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ten moito interese en visitar Cuba antes de que finalice o presente ano se as condicións económicas e políticas así o permiten", asegurou o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, tras concluír unha visita ao panteón da sociedade galega Na habana, Naturais de Ortigueira.


Miranda respondeu así a unha pregunta de 'Galicia no Mundo' tras asegurar o dirixente galego que a visita de Núñez Feijóo era posible a Cuba durante un encontro con presidentes das sociedades galegas no Centro Galego desta capital.

Respondendo a outras preguntas do semanario, Rodríguez Miranda explicou que o "primeiro obxectivo da súa visita Á habana é coñecer á colectividade, falar con eles, escoitar a xente, ver cales son as súas inquietudes e trasladarlles o compromiso de Galicia, do Goberno de Galicia, do presidente e do conxunto de Galicia con todos os galegos que temos aquí en Cuba,".

Sentenciou que os galegos na Illa caribeña "teñen que saber que, a pesar das dificultades que nós temos, imos seguir estando aí, imos envorcarnos nas axudas para todo aquel que o necesite, imos estar aí para axudar aos centros ás entidades para que poidan seguir atendendo e colaborando con todos os galegos, e a partir de aí poñernos á súa disposición para traballar con eles man a man".

Asegurou que "temos que traballar para culminar definitivamente a unión de todos os centros de Cuba e dende logo imos tratar tamén para que esas sociedades de galegos teñan as mellores condicións para poder laborar" e engadiu que "se van manter as axudas individuais, para todas as persoas a pesar de que a Secretaría ten unha redución de presuposto".

Explicou que "a" devandita "redución a imos absorber co propio funcionamento da Secretaría, pero o importe das axudas se vai manter igual que a cantidade destinada para axudar ao funcionamento dos centros, as súas actividades e a manter en condicións idóneas as súas sedes, pero a prioridade seguirán sendo as persoas e as entidades".

O secretario xeral dixo que os directivos das sociedades en Cuba expresaron a súa disposición a "seguir traballando moitos anos máis para que Galicia siga viva como o estivo sempre aquí en Cuba e especificamente aquí na Habana onde nos encontramos" e agregou que "todos imos a seguir traballando cada día máis xuntos para que cada día sexamos máis galegos, para que a xente nova se incorpore ás entidades porque iso é a garantía da supervivencia no tempo,".

Rodríguez Miranda afirmou que o presidente de Galicia enviou os galegos de Cuba "un cariño moi especial" e asegurou que o mandatario galego "está perfectamente consciente do que sempre supuxeron os galegos de Cuba para Galicia". Explicou que "os símbolos galegos naceron en Cuba polo que o presidente ten un compromiso absoluto cos galegos de Cuba".

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas