GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración, en chocolate

(01/04/2013)

A emigración, en chocolate

 

Escrito por:

27 de marzo de 2013

Unha pastelería de Vigo crea unha mona de Pascua que homenaxea aos galegos que saíron do país en busca dun futuro mellor

 

A pastelería O Trigal, que xa se fixo un nome polas súas espectaculares monas de Pascua, deu unha interpretación á figura de Bruno Catalano Lle Grand Van Gogh. O obxectivo é retratar aos viaxeiros que marchaban sen nada para pelexar por darlles aos seus fillos e á súa familia máis recrusos. «Así interpretamos esta figura, na que o corazón non acompaña á esencia do emigrante, non aparece reflectido no seu corpo, fáltalle algo».

Desde O Trigal queren unir ás dúas xeracións de emigrantes. «Cambiamos o barcos e os trens por avións e as cartas por emails e teléfonos, pero o que non cambia son os sentimentos», apuntan desde a pastelería, que ten dúas sedes, en Marqués de Valladares e en Alexandre Bóveda.

No pasado xa usaron o chocolate para crear grandes esculturas coas súas monas, como o Monumento ao traballo, coñecido como os redeiros en Gran Vía ou a obra dos cabalos de Praza de España. Os pedazos do emigrante de chocolate serán repartidos entre a clientela o vindeiro domingo de Pascua.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas