GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O 15 de abril finaliza o prazo de inscrición para o Plan de Retorno de Mestres Ecuatorianos

(26/03/2013)

O 15 de abril finaliza o prazo de inscrición para o Plan de Retorno de Mestres Ecuatorianos

Parainmigrantes.info 26/03/2013

ecuatorianos residentes en españa

O Plan de Retorno para mestres ofrece a posibilidade de retornar a Ecuador cun contrato de traballo.

As probas de elixibilidade realizaranse a finais de maio e deberán ser superadas cunha puntuación de 70/100.

Dende que se presentou oficialmente esta iniciativa en xaneiro, son xa 624 os cidadáns inscritos para acollerse a este plan de retorno. O prazo de inscrición para participar dos exames de elixibilidade finaliza o próximo 15 de abril, e é absolutamente necesario que os novos postulantes realicen a citada inscrición para poder render as probas de elixibilidade que se realizarán a finais de maio en Madrid, Barcelona e Murcia.

Este plan de retorno ofrece a posibilidade de que os aspirantes que superen este exame, que se realizará en maio, cunha porcentaxe de 70 puntos sobre 100, obteñan un contrato de traballo no lugar do Ecuador que tiveren elixido para retornar.

Para iso, é indispensable estar inscrito na plataforma SIME do Ministerio de Educación, http://sime.educacion.gob.ec/, accedendo á devandita plataforma dende o navegador Mozilla Firefox. O postulante deberá picar na opción "REXISTRO DE ASPIRANTE A DOCENTES DENDE O EXTERIOR" e introducir a súa cédula e un correo electrónico onde recibirá as indicacións para activar o seu perfil.

Nesta ficha ou perfil de usuario o aspirante deberá achegar os seus datos persoais e académicos, así como indicar a provincia ou cidade onde desexa retornar e a materia da cal pretende exercer como mestre.

Respecto aos instrutivos das materias para preparar os exames de elixibilidade están dispoñibles no seguinte enlace: http://www.educacion.gob.ec/instructivos-de-pruebas-de-elegibilidad.html, para que sexan descargados e sirvan de guía de estudo para os aspirantes. Neles tamén encontrarán bibliografía recomendada sobre cada temática.

Finalmente, os cidadáns que realicen esta nova inscrición e desexan render as probas de elixibilidade en Madrid, deberán enviar un correo electrónico a protocolo@mecuador.es, indicando os seus nomes, apelidos e un móbil de contacto.

Se pola contra, os novos aspirantes desexan render as probas na cidade de Murcia deberán indicar os seus datos persoais e un teléfono aos seguintes correos electrónicos: xpillajo@senami.es ou ptoledo@senami.es.

No caso dos que desexen examinarse en Barcelona deberán notificar os mesmos datos a gorellana@senami.es ou a.mora@senami.es, co fin de poder indicarlles por correo electrónico o día, hora e dirección do lugar onde se realizarán estas probas.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2019
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas