GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O plan de inmigración de Cameron fai soar as alarmas en Bruxelas

(26/03/2013)

O plan de inmigración de Cameron fai soar as alarmas en Bruxelas

Quere restrinxir sanidade, vivenda e axudas laborais aos non británicos

Autor:
gabriel fraga
Localidade:
londres / e. a voz
Data

A inmigración converteuse no único asunto sobre o que todas as forzas políticas do Reino Unido parecen estar de acordo. Aínda que hai uns días o viceprimeiro ministro, o liberal demócrata Nick Clegg, expuña cobrar unha fianza aos turistas procedentes de «países de risco», agora o primeiro ministro, David Cameron, acaba de anunciar un polémico plan para acabar cos abusos daqueles cidadáns da UE que tratan de «aproveitarse da xenerosidade británica».

O primeiro e principal alicerce do proxecto é a sanidade. A nova política permitiría o acceso á sanidade británica a cidadáns europeos a condición de que estes poidan probar que teñen dereito á seguridade social nos seus países de orixe. Do contario, e esta medida afectaría tanto a comunitarios como cidadáns doutros continentes, só serían atendidos nos hospitais británicos se posúen seguro privado. «O sistema é un caos. Os inmigrantes están colapsando o sistema», dixo Jeremy Hunt, ministro de Sanidade.

O segundo sector que Cameron trata de modificar son as axudas por desemprego. No Reino Unido existe unha pequeno subsidio para aqueles en procura activa de traballo que, sen necesidade de ter cotizado ou ter dereito ao paro, poden reclamar entre uns 60 e 100 euros semanais. Os europeos que reciben esta prestación serán sometidos a un exhaustivo exame se, ao cabo de seis meses, seguen sen atopar traballo.

A vivenda é o terceiro alicerce do proxecto para paliar o «turismo de subsidio» e desde abril darase prioridade aos nacionais. «Os inmigrantes non recibirán prestacións por vivenda á súa chegada. Para poder acceder ás axudas deberán ter vivido aquí polo menos durante dous anos e ter contribuído ao sistema», asegurou Cameron.

 

Problemas do plan

A prensa británica insiste en que, dado a reducida porcentaxe de comunitarios que reciben estas prestacións, o obxectivo de Cameron non é o aforro, senón satisfacer o crecente euroescepticismo que asedia ao país. Proba diso é a recente popularidade do Partido Independentista Británico (UKIP), cuxas políticas antieuropeas e antiinmigración atraeron a un bo número de votantes.

O proxecto de Cameron intenta acougar os temores cara a unha nova onda de inmigrantes de Europa do Leste, xa que a partir de xaneiro do 2014 romaneses e búlgaros poderán moverse libremente polo territorio comunitario. Mentres, desde Bruxelas, vixían de cerca os movementos do primeiro ministro para cerciorarse de que o seu plan respecta os tratados de libre circulación e residencia europeos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas