GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Costa da Morte xa ten mil emigrantes máis que no 2012

(22/03/2013)

A Costa da Morte xa ten mil emigrantes máis que no 2012

Os residentes no estranxeiro son 35.146, e no 2009 eran 29.944

Autor:
S. G.
Rial Localidade:
carballo / a voz
Data

A sangría da emigración ao exterior non para de crecer nos municipios da Costa da Morte desde o ano 2009, a un ritmo que nunca baixa de mil persoas ao ano de media nunha comarca que ten pouco máis de 117.000 veciños.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou onte o Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE) a 1 de xaneiro do 2013. Nos 16 municipios de Bergantiños, Soneira e Fisterra, ademais de Cerceda, hai 35.146, o que supón un aumento de mil (34.144) con respecto ao ano pasado. A progresión mantense, xa que entre o 2012 e o 2011, o crecemento fora o mesmo, ao subir un milleiro desde os 33.034 a 1 de xaneiro do 2011. Máis ou menos mantíñase a escalada anterior, con 31.767 veciños da zona no estranxeiro no 2010, e 29.944, no 2009. Este ano foi o primeiro no que o INE comezou a divulgar estes datos, xa que ata entón o único xeito de obter referencias era o Censo de Residentes Ausentes, que unicamente recolle os maiores de 18 anos inscritos nos censos electorais de cada consulado.

Nestes catro anos, o crecemento foi de case un 15 %, con máis de 5.202 emigrantes procedentes da Costa da Morte, con destinos preferentes en Europa e, especialmente, Suíza. Pero o PERE inclúe a todos os ausentes con nacionalidade española e vinculación cos municipios da zona, un gran grupo no que tamén se inclúen os que levan boa parte da súa vida fóra, case sen relación con Galicia, sobre todo en países americanos, e os que obtiveron a nacionalidade grazas ás últimas reformas do Goberno, que outorgan esa facultade ás terceiras xeracións, en moitos casos desexosas, sobre todo, de obter a cidadanía da UE.

Tamén hai que ter en conta que algúns consulados, sobre todo os máis afastados das capitais, non actualizan coa celeridade necesaria os datos dos seus nacionais, por iso é polo que algúns (ou moito) falecidos figuran como vivos durante máis tempo do que lles correspondería, un feito que se puido constatar sobre todo en períodos electorais onde a presenza de veciños da zona é moi elevada, principalmente en Arxentina.

Con todo, a realidade é que, pola crise, o éxodo é imparable. Os responsable dos centros galegos de Suíza levan meses alertando de que as chegadas son constantes. E isto é o que incrementa os censos. Por iso Vimianzo superou por primeira vez os 4.000 residentes no estranxeiro; e Ponteceso, os 2.000, o mesmo que Coristanco e Camariñas. E iso, no ano en que os residentes na zona baixaron por primeira vez da cota da cota de 118.000.

O 22 % da provincia

Os 35.000 emigrantes oficiais representan case o 22 % de toda a provincia. E se se unen os e os municipios limítrofes (a mancha do éxodo adoita traspasar os lindes administrativos), con Tordoia, Santa Comba, Mazaricos, Carnota e Val do Dubra, o resultado é máis de 47.000 persoas no estranxeiro, case un 30 % da provincia (e as dúas terceiras partes de toda a de Lugo, por exemplo). Carballo é o sétimo municipio galego con máis emigrantes.

«A xente vai a onde lle dan traballo»

Silvana Mato e Víctor Veiga, de Malpica, son un exemplo de manual da emigración. Primeiro foise el, hai dous anos; logo, ela, fai un, e en agosto chegaron os dous fillos, de 8 e 4 anos. Residen no montañoso pobo de Appenzell. Conta a nai que os neno se adaptan ben e aprenden rápido o alemán, o verdadeiro problema de moitos que chegan. Eles tiveron sorte, pero recoñece que os inicios foron duros. Non se queixa. «A xente vai a onde lle dan traballo», conta Silvana, tamén filla de emigrantes. «Aquí estamos mellor ca aló, porque a crise en España é moi dura, anque aquí tamén hai», di.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2019
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas