GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A colonia galega no estranxeiro creceu en 80.000 persoas en catro anos

(21/03/2013)

A colonia galega no estranxeiro creceu en 80.000 persoas en catro anos

Uns 463.000 galegos e case dous millóns de españois residen fóra do país, segundo os últimos datos feitos públicos polo INE

Autor:
La Voz
Localidade:
Redacción
Data
 
 

A colonia galega no estranxeiro creceu en 80.000 persoas nos últimos catro anos coincidindo cos peores momentos da crise económica, segundo os datos feitos públicos polo INE. O número de galegos que residían noutros países a 1 de xaneiro do 2013 sumaba 463.000, un 20 % máis que hai catro anos e un 4 % máis que hai un ano. Desa cifra, 360.000 residen en América e case 100.000 en Europa. En canto ás provincias de orixe destes emigrantes, a que ten máis peso é A Coruña (161.000), seguida de Pontevedra (135.000), Ourense (103.000) e Lugo (63.000).

No caso da poboación de española, son case dous millóns os que residen actualmente no estranxeiro, un 6,3 % máis que hai un ano. Optaron por establecerse en Arxentina, Brasil, Cuba, Francia e Estados Unidos. Segundo os datos do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE) os españois residentes no estranxeiro eran 1.931.248, é dicir, 114.413 máis que un ano antes. Por continente, o 62,9 % das persoas inscritas no estranxeiro ten fixada a súa residencia en América, o 34 % en Europa e o 3 % no resto do mundo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas