GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Aumenta un 6,3% a cifra de españois residentes no estranxeiro e xa supera os 1,9 millóns de persoas

(20/03/2013)

Aumenta un 6,3% a cifra de españois residentes no estranxeiro e xa supera os 1,9 millóns de persoas

abcabc_sociedad / madrid
Día 20/03/2013 -

Arxentina, Brasil, Cuba, Francia e Estados Unidos, os países nos que se produciu maior incremento da poboación residente de nacionalidade española
Aumenta un 6,3% la cifra de españoles residentes en el extranjero y ya supera los 1,9 millones de personas
abc
María Ramor e Igor Oya, dúas xeracións de emigrantes españois en Berlín

O número de españois que residen no estranxeiro alcanza os 1.931.248, segundo os datos do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE) con data 1 de xaneiro de 2013. Esta cifra supón un incremento do 6,3% (114.413 persoas) respecto aos datos a 1 de xaneiro de 2012.

Por continentes, o 62,9% das persoas inscritas ten fixada a súa residencia en América, o 34,0% en Europa e o 3,0% no resto do mundo. Os maiores incrementos de inscritos respecto aos datos a 1 de xaneiro de 2012 rexístranse en América (81.757 inscritos máis) e Europa (28.441). En termos relativos os maiores incrementos prodúcense en Asia (11,6%) e América (7,2%).

O 34,9% dos españois residentes no estranxeiro naceron en España, o 59,1% no seu actual país de residencia e o 5,4% noutros países. As novas inscricións durante o ano 2012 supuxeron o 8,2% (157.933 persoas) respecto ao total de inscritos a 1 de xaneiro de 2013. O maior número de inscritos durante 2012 corresponde aos nacidos no país da súa residencia (un 64,3%). E, por continente, aos residentes en América (un 65,6%).

O 14,4% dos inscritos teñen menos de 16 anos, o 62,4% ten de 16 a 64 e o 23,1% 65 ou máis anos. O 54,3% dos menores de 16 anos reside en América e o 40,5% en Europa. Respecto do grupo de idade de 16 a 64 anos, un 61,2% reside en América e un 35,7% en Europa. En canto aos maiores de 65 anos, o 72,8% reside en América mentres que en Europa só o fai un 25,4%. En canto ás novas inscricións realizadas durante 2012, o maior número corresponde a persoas de 16 a 64 anos (un 65,8%). Nas novas inscricións realizadas durante 2012 dos nacidos en España, dominan os residentes en Europa (un 54,0%) e con 16 a 64 anos (un 65,6%).

Os países estranxeiros nos que residen máis españois son Arxentina (385.388), Francia (206.589), Venezuela (183.163) e Alemaña (116.056). En termos relativos os maiores incrementos rexistráronse en Ecuador (un 51,6%), Chile (un 16,4%) e Perú (un 13,8%).

Comparando o PERE entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 1 de xaneiro de 2012 nos países con máis de 10.000 residentes de nacionalidade española, cabe destacar os incrementos rexistrados en Arxentina (17.449 inscritos máis), Brasil (9.800 máis), Cuba (8.657 máis) e Francia (8.407 máis).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas