GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

"Galicia non está diante dunha nova ondada de emigración"

(20/03/2013)

"Galicia non está diante dunha nova ondada de emigración"

 
  • "Os galegos non se van á aventura, estano a facer dun xeito ordenado e nun proceso que vai á baixa".
  • Reprodúcese deseguido a entrevista ao secretario xeral da Emigración publicada o domingo 17 de marzo no xornal Faro de Vigo.
 
Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración. Foto: Faro de Vigo.
Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración. Foto: Faro de Vigo.
Vigo, 17 de marzo de 2013.

Tres meses no cargo e xa percorreu miles de quilómetros: Reino Reino Unido a Alemaña, Suíza, Arxentina e Uruguai. Na súa folla de ruta, o novo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, ten marcados tres retos: manter a cobertura asistencial á diáspora, preservar a continuidade dos centros galegos no exterior e garantir presenza económica de Galicia fóra. Malia a escorrentada de mozos dende o inicio da crise, descarta que a comunidade estea ante unha nova onda de emigración.

-A austeridade volverá marcar a xestión da Xunta. Que recortes levará consigo na Secretaría de Emigración?
-Este departamento non é alleo á necesidade de axuste que ten que facer a administración. Asumímolo coa mesma premisa que todos os departamentos; e é tratar que o axuste vaia sobre o funcionamento e estrutura burocrática da Secretaría de forma que a cobertura a nivel de prestación e asistencia para os galegos no exterior quede garantida.

-A crise resucitou o fenómeno da emigración. A escorrentada de mozos lle precoupa?
-Non podemos esquecer o mundo no que vivimos. Hai xente que está a rematar os seus estudos universitarios e vaise ao estranxeiro a completalos ou especializarse. Se iso lles abre contactos, empezan a súa vida profesional alí. É evidente que as actuais circunstancias económicas levan a que a gran cantidade de persoas que temos con formación en Galicia aposten por outros países de Europa. Hai un lixeiro incremento, pero non é de Galicia de onde máis mozos están a saír. Os centros galegos reciben poucos galegos; chegan moitos emigrantes de Andalucía e Extremadura e tamén de comunidades que non adoitaban emigrar, como Murcia ou Valencia.

-Estamos na antesala dunha nova ondada de emigrantes en Galicia?
-En absoluto estamos ante unha nova onda de emigración. As condicións nas que se produce hoxe a emigración son completamente distintas ás de fai 40 ou 60 anos. O perfil dos mozos que se van agora de Galicia é o dunha persoa cun currículo elevado, nada comparable ao doutras épocas.

-Pero antes, a maioría de galegos que emigraban ían cun traballo buscado. Hoxe marchan á aventura.
-Pode que haxa algunha persoa que se vai á aventura, pero non se pode xeneralizar. Hóuboas hai un par de anos, cando se deu o gran baixón no sector da construción. Na actualidade, a emigración galega é ordenada. O punto álxido estivo en 2009 e agora vai decrecendo ano tras ano.

-Dende o exterior aseguran que son moitos os galegos que chegan sen contrato e vense obrigados a durmir no coche porque non encontran traballo.
-Trasladáronnos algún caso, pero de persoas doutras comunidades. Hoxe temos que diferenciar que hai unha parte de mobilidade normal e racional e outra que se ve acrecentada pola maior dificultade económica e o paro.

-Funcionan os centros galegos como oficinas de información aos emigrantes que chegan en busca de traballo?
-Sempre foron puntos de encontro que valían aos galegos para entaboar contactos e conseguir melloras laborais. Iso mantense. Hai xente que segue acudindo acode a eles e os centros tratan de orientalos.

-Que porcentaxe de centros está abocado ao peche, tendo en conta á falta de relevo xeracional?
-Se non se fixese nada, cousa que non acontece, igual podería acontecer que o 20% tería que pechar as súas portas a medio prazo. Non queremos que sexa así, por iso formulamos as solucións: a unión e a necesidade de traballar para que os galegos de segunda e terceira xeración tomen o relevo.

-Anos despois da reforma do voto emigrante, volve estar a mesa a necesidade dunha nova modificación. A reforma do pactada por PP e PSOE fíxose de forma precipitada?
-Á hora de facer esa regulación, foise excesivamente intervencionista e os mecanismos que se deixaron para votar son complexos e trapalleiros sobre todo para os emigrantes de máis idade. Ademais, estamos supeditados ao funcionamento de Correos de moitos países, que non sempre son os máis axeitados. Agora só está votando entorno ao 4% dos emigrantes, polo que o sistema (de voto pregado) está a limitar o dereito de sufraxio. Iso non é correcto.

-Os políticos sempre falan dun sistema electoral no exterior non xere dúbidas. En que se traduce iso?
-Que se elimine o sistema de voto pregado e que vote como un galego en Galicia. É dicir, en urna. E que ademais poida exercelo por correo e que se estude a posibilidade de implantar o voto telemático. O mecanismo que empreguemos ten que ser garantista. Os votos dos emigrantes teñen que vir en urnas de cristal.

-É viable o voto emigrante en urna dende o punto de vista loxístico e de infraestrutura?
-Non sería necesario crear unha mesa electoral no exterior para cada provincia abondaría cunha e que fose identificado no sobre a provincia de orixe. Haberá que buscar a mecánica. É sinxelo? Non, pero hai formas

-O voto emigrante pasa por unha circunscrición no Congreso?
-A creación dunha circunscrición propia implica reformas constitucionais. Se se propuxese a reforma da Constitución poderíase abordar esta cuestión, pero abrir nestes momentos ese debate só nos leva a dilatar solucións que poden ser máis próximas e pragmáticas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas