GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santiago Camba visita en Bos Aires a Federación de Sociedades Galegas

(18/03/2013)

 

Santiago Camba visita en Bos Aires a Federación de Sociedades Galegas

Mariana Ruiz, Bos Aires |Cronicas de la Emigración -18 Marzo 2013-


El consejero de Empleo y Seguridad Social, Santiago Camba, recorre la Federación, acompañado por sus directivos.

O conselleiro de Emprego e Seguridade Social, Santiago Camba, percorre a Federación, acompañado polos seus directivos.

O conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España, Santiago Camba Bouzas, visitou a Federación de Sociedades Galegas e o Museo da Emigración Galega en Arxentina (MEGA).

Alí, o xoves 14, Camba foi recibido polo seu presidente, Francisco Lores Mascato; o subdirector do Museo, Miguel Chiloteguy; e o responsable da área de investigación, Ruy Farías, os que, xunto a un grupo de directivos, o puxeron ao tanto do traballo que nestes momentos están a levar adiante ambas as dúas entidades.

Nesta dirección, os representantes do MEGA e da Federación detallaron o traballo que veñen desenvolvendo para a recuperación e dixitalización de documentación, publicacións e todo tipo de materiais históricos orixinais que atesoura a entidade.

O museo, explicou Chiloteguy, tempo atrás elaborou un protocolo para o tratamento e restauración de documentos que puxo a disposición das demais asociacións e museos do país que estivesen interesados, co obxectivo de que estes puidesen contar con información e asesoramento que lles permitise poñer en resgardo a súa documentación.

Non obstante, lamentaron, ata o momento non tiveron ningunha resposta de parte de asociacións galegas. Así mesmo, formularon a necesidade de evitar a actual dispersión e deterioración ou destrución dos arquivos históricos e documentais dos centros galegos, que en definitiva constitúen parte do acervo histórico da emigración no país.

Tras percorrer as instalacións, o responsable da Consellaría de Emprego e Seguridade Social indicou que o obxectivo da visita é "manter un contacto directo" coas asociacións españolas no país e "explorar posibles vías de colaboración".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas