GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda traslada a La Blunda a súa "preocupación" por que o Centro Galego avance "cara a unha solución"

(13/03/2013)

Miranda traslada a La Blunda a súa "preocupación" por que o Centro Galego avance "cara a unha solución"

Mariana Ruiz, Bos Aires - | Cronicas da Emigración
12 de Marzo de 2013



Un momento previo ao encontro entre as autoridades españolas e Carlos La Blunda.

Concluíndo a súa primeira viaxe oficial á Arxentina, o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, entrevistouse co interventor xeral do Centro Galego de Bos Aires, Carlos La Blunda.


Trala reunión, que tivo lugar o luns 11 na sala de directorio da entidade, Miranda sinalou que foi un encontro "satisfactorio" no que puido trasladarlle "a preocupación" do Goberno galego por que o Centro "poida seguir avanzando cara a unha solución" e conversar sobre a situación patrimonial da institución.

Neste sentido, indicou que, dalgún modo, acordaron "seguir colaborando" e precisou que conviñeron intercambiar a información para contrastar os inventarios elaborados pola administración Autonómica e a asociación co obxectivo de "salvagardar o seu patrimonio cultural e artístico".

Pola súa banda, o interventor do Centro Galego destacou que foi "unha visita moi agradable", "dunha primeira toma de contacto" na que o secretario xeral mostrouse interesado por interiorizarse sobre a situación da entidade.

Nesta dirección, La Blunda precisou que Miranda mostrouse "preocupado" pola situación dos galegos e o seu patrimonio cultural en Arxentina e considerou que "as institucións deben colaborar entre si para que mellore todo".

Pola mañá, o titular da carteira galega de emigración visitou o Centro Galicia de Bos Aires e o Instituto educativo Santiago Apóstolo.

Acompañado polo xefe de Gabinete da Secretaría Xeral, lldefonso de la Campa; o conselleiro de Emprego e Seguridade Social, Santiago Camba; e o delegado do Goberno Galego, Rodríguez Miranda foi recibido polos directivos de ambas entidades.

Logo de percorrer as instalacións e conversar cos seus directivos, o responsable de Emigración valorou en declaracións á prensa o "labor encomiable" que están desenvolvendo, asegurou que o nivel educativo do Instituto Santiago Apóstolo "ten que seguir sendo un referente, ata para Galicia". Ademais, sostivo que a aprendizaxe dos tres idiomas que se imparten no instituto (castelán, galego e inglés) abrirá as portas do mundo" aos estudantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas