GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Aculco axuda a inmigrantes colombianos en situación irregular que desexen retornar a Colombia

(13/03/2013)

Aculco axuda a inmigrantes colombianos en situación irregular que desexen retornar a Colombia

www.parainmigrantes.com/ Vicente Marín marzo 13, 2013

Aculco está a desenvolver o proxecto LER dedicado ao apoio ao retorno voluntario e o fomento da reintegración no país de orixe
asociación colombianos

ACULCO (Asociación Sociocultural e de Cooperación ao Desenvolvemento por Colombia e Iberoamérica) está a desenvolver xunto ás entidades OIM, Acobe, Rumiñahui, Asociación Ecuador Solidario de Milán, MERU e AMIBE-CODEM o proxecto LER (Linked Efforts for Reintegration between the two shores -Unindo esforzos para a reintegración entre as dúas beiras), dedicado ao apoio ao retorno voluntario e o fomento da reintegración no país de orixe. O proxecto está co-financiado polo Fondo Europeo de Retorno e a Axencia Catalá de Cooperación ao Desenvolvemento (ACCD) e ten como poboación obxectivo a nacionais de Colombia, Bolivia e Ecuador.

ACULCO encárgase no marco do proxecto de atender a inmigrantes  colombianos en situación administrativa irregular e socialmente vulnerable que desexen regresar a Colombia.

Das axudas do proxecto LER poden beneficiarse colombianos en situación administrativa irregular e en situación social vulnerable que deciden retornar de forma voluntaria a Colombia.

ACULCO presta en España asistencia ás necesidades que poida presentar a persoa beneficiaria, de cara a preparar o regreso asegurando unhas condicións materiais dignas para ela e a súa familia. Ademais, ofrece asistencia en Colombia ás necesidades qeu poida presentar a persoa beneficiaria, de cara a facilitar a súa reinstalación no país, gozando dunhas condicións de vida dignas, a nivel individual e familiar. Tamén xestiona o acceso da persoa beneficiaria ás axudas existentes para o retorno: billete para a viaxe, axuda na tramitación da documentación necesaria para o retorno, información e asesoramento.

REQUISITOS

Os requisitos que hai que cumprir para beneficiarse do proxecto LER son:

- Encontrarse en situación administrativa irregular.

- Ter nacionalidade   colombiana (os bolivianos serán atendidos por ACOBE e os ecuatorianos por RUMIÑAHUI).

- Encontrarse en situación de vulnerabilidade social (por exemplo, desempregados de longa duración, mulleres embarazadas sen recursos económicos, familias monoparentais con cargas familiares, persoas con minusvalidez, etc.).

- Asinar a declaración de voluntariedade de retorno.

- Ter unha estanza mínima de seis meses continuados en España.

- Asinar un compromiso de non abandonar o proceso antes de completar as dúas fases do proceso: pre-retorno (España) e post-retorno (Colombia).

Onde teño que acudir para informarme e/ou beneficiarme do proxecto LER xestionado por ACULCO?

ACULCO Madrid

C/ Albendiego 24, Local 4 e 5, Madrid. Metro Ventilla (L9).

Teléfono: 91 598 23 14 / 608 262 418

Email: david@aculco.org; empleo@aculco.org

ACULCO Alicante

Praza de Foguerer Tomás Valcárcel n.º 1, Alicante.

Teléfono: 96 520 06 56 / 657 243 869

Email: aculcodiezoviedo@hotmail.com; aculcoatencion@hotmail.com

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas