GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda asinou en Uruguai convenios co Fogar Español e Casa de Galicia

(12/03/2013)

Miranda asinou en Uruguai convenios co Fogar Español e Casa de Galicia

Redacción, Montevideo | 11 Marzo 2013 -Cronicas da Emigración

Alfonso Rueda y Antonio Rodríguez Miranda, junto al embajador español y otros dirigentes, durante la visita a la Asociación Española.

Alfonso Rueda e Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao embaixador español e outros dirixentes, durante a visita á Asociación Española.

Continuou o pasado sábado a primeira visita que realizou o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, á colectividade de Montevideo, que comezara o xoves cunha axenda que incluíu ao Fogar Español, o Club Bergantiños, o Centro Galego, Casa de Galicia e unha reunión cos directivos da Unión de Sociedades Galegas.
Nesta oportunidade estivo acompañado polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. As institucións que visitou foron a Asociación Española e o Centro Val Miñor, percorréndoos literalmente, xa que na Asociación Española o seu presidente, José María García, e demais directivos da institución lle mostraron aos visitantes as instalacións da que é a máis grande e completa institución mutual do Uruguai.
No centro Valle Miñor percorreron tamén as instalacións en momentos que había unha moi nutrida actividade, dende os maiores que xogaban unhas moi animadas partidas de tute, aos máis novos que practicaban bailes galegos acompañados pola banda de gaitas da institución, pasando polos que xogaban aos birlos celta, única institución galega no Uruguai en que se practica. O secretario Miranda animouse a practicar uns tiros.

A última etapa da axenda foi a sede da Delegación da Xunta, onde Miranda asinou senllos convenios, primeiro co Fogar Español representado polo seu presidente, Benito Grande, por un importe de 60.000 euros para gastos de funcionamento e que contribuirán seguramente coa xestión que están a levar a cabo os directivos da institución.
En segundo termo asinou un convenio por 35.000 euros con Casa de Galicia, representada polo seu presidente Manuel Ramos, para gastos de asistencia, axudando desta forma á xestión que veñen realizando os presididos por Ramos nos últimos anos.
Durante todos os percorridos, Rueda e Miranda estiveron acompañados polo embaixador de España, Roberto Varela, e o conselleiro laboral, González Murga, ambos os dous tamén de orixe galega.
Nun aparte coa prensa, Rodríguez Miranda reafirmou o compromiso que ten a Xunta coas institucións referentes da colectividade, como o son Casa de Galicia e o Fogar Español, e quedou demostrado coa firma dos convenios.
En canto ao balance desta primeira visita manifestou sentirse satisfeita tanto coas institucións que visitou, como coas que mantivo contacto na reunión coa Unión de Sociedades Galegas, onde se vén buscando a forma de unificación das diversas institucións.
Consultado o vicepresidente Rueda sobre o futuro do local que ocupa a Delegación, cuxo contrato vence no mes de setembro, dixo que, a pesar dos axustes da economía en Galicia, se busca manter representacións dignas, o local é accesible, hai ofrecementos dalgunhas institucións, estámolo a ver con calma, o que poidamos aforrar aforrarémolo pero mantendo sempre o criterio fundamental de que teñen que ser lugares cómodos para a xente que vén", dixo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas