GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia defenderá no Congreso o voto emigrante directo

(11/03/2013)

Galicia defenderá no Congreso o voto emigrante directo

10.03.2013

 

E.P. MADRID/SANTIAGO

Para permitir que os españois residentes no estranxeiro poidan votar en urna en consulados e embaixadas como fan o resto de electores nos colexios españois

O Parlamento galego defenderá o vindeiro martes no Pleno do Congreso unha reforma da Lei Electoral para permitir que os españois residentes no estranxeiro poidan votar en urna en consulados e embaixadas como fan o resto de electores nos colexios españois, e todo iso sen que sexa preciso solicitar con anterioridad o exercicio do sufragio activo.

Esa reforma, que a Cámara galega aprobou en xullo de 2008 e que levaba anos esperando a súa quenda no Congreso, supoñería derrogar a reforma da Lei Electoral que PSOE e PP pactaron a pasada legislatura e na que xa desestimaron a idea de equiparar o voto de emigrantes e residentes en España e ata impuxeron o voto rogado (obrigación de pedir o voto con anterioridad).

A Cámara autonómica aprobou esta iniciativa lexislativa por unanimidade co obxectivo de equiparar as condicións de voto dos emigrantes ao do resto de electores habilitando un sistema de voto en urna, depurando o censo de residentes ausentes (CERA) e establecendo seccións electorais de entre 500 e 4.000 votantes nas demarcaciones consulares.

O PP NA OPOSICIÓN CULPOU AO PSOE
Cando se aprobou a reforma en Santiago de Compostela, os partidos esixiron que puidese aplicarse nas seguintes eleccións galegas. É máis, o entón deputado do PP José Manuel Castelao Bragaña avisou de que, si non se lograse ese obxectivo, os culpables serían os socialistas José Luís Rodríguez Zapatero e Emilio Pérez Touriño, naquel momento presidentes do Goberno e da Xunta.

O certo é que a reforma galega non se debateu a pasada lexislatura no Congreso. Moi ao contrario, o que se aprobou en 2010 foi unha reforma da Lei Electoral (Loreg) que, aínda que estableceu o voto en urna para os emigrantes, mantivo o CERA, excluíulles de participar nas eleccións municipais e no resto obrigoulles a pedir con antelación o exercicio do sufraxio activo (voto rogado).

Na subcomisión da Comisión Constitucional que debateu esa reforma, os grandes partidos desbotaron a idea de establecer seccións electorais para a poboación emigrante alegando informes do Ministerio de Asuntos Exteriores que non o vían viable dada a dispersión xeográfica da poboación en países iberoamericanos.

AGORA O PSOE DESMÁRCASE DO VOTO ROGADO
Esa reforma xeral da Loreg, pactada por PSOE e PP con apoio dos nacionalistas cataláns e vascos, entrou en vigor en xaneiro de 2011 e aplicouse nas autonómicas e nas xerais dese ano.

O 'voto rogado' fixo caer en picado a participación dos emigrantes neses comicios ata o punto de que sectores do PSOE e do PP abogaron por reformularse o sistema, que xa contaba co rexeitamento frontal de IU, UPyD e os nacionalistas galegos e canarios.

A Xunta de Portavoces do Congreso puxo por fin data ao debate de toma en consideración da proposta galega, fixado para o día 12, co que se abre de novo e debate sobre a participación dos emigrantes nas eleccións españolas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas