GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Dúas asociacións galegas de Bos Aires anuncian que inician o camiño para unirse

(11/03/2013)

Dúas asociacións galegas de Bos Aires anuncian que inician o camiño para unirse

 
  • O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración despídense da colectividade galega na Arxentina insistindo na necesidade de optimizar os recursos, tanto públicos como propios das entidades.
  • A Xunta e o Centro Gallego de Mar del Plata asinaron un convenio de colaboración para o uso do centro de día dependente desta entidade.
  • Os mandatarios galegos participaron asemade na romaría anual da colectividade galega nesta localidade, e inauguraron as novas instalacións de recreo.
 
 
 
  • O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración coa colectividade galega de Bos Aires.
    O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración coa colectividade galega de Bos Aires.
  • O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración na sinatura do convenio co Centro Gallego de Mar del Plata.
    O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración na sinatura do convenio co Centro Gallego de Mar del Plata.
  • O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración coa colectividade galega de Mar del Plata
    O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración coa colectividade galega de Mar del Plata
Santiago / Mar del Plata, 10 de marzo de 2013.

Dúas asociacións de emigrantes galegos e galegas en Bos Aires teñen anunciado oficialmente que comezan o camiño da unión. Trátase da Asociación Unión del Partido Judicial de Ordenes Cultural y Recreativa, no municipio Valentín Alsina nas aforas de Bos Aires, e a Asociación Hijos de Buján, na propia capital.

Cómpre salientar que a primeira, fundada en 1923 e que conta con case medio milleiro de socios e socias, é xa precisamente froito da fusión de catro entidades a finais de 1939. No caso da segunda, aglutina en boa parte ás aos centos de emigradas e emigrados, e ás e aos seus descendentes, que durante o pasado século se asentaron en Bos Aires provenientes do concello coruñés de Val do Dubra.

O anuncio realizado por estas dúas entidades ven a reforzar a mensaxe que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, están a levar estes días por Arxentina e Uruguai á colectividade galega: a unión das entidades implica maior capacidade de confrontar con garantías o futuro, sen renunciar á cadansúa personalidade.

Atención social
Os mandatarios galegos insistiron neste aspecto na súa xuntanza cos e coas representantes das colectividades galegas de ambos países, ás e aos que ademais garantiron todo o apoio do Goberno galego para preservar os programas de atención social a galegas e galegos, moitos e moitas deles persoas anciás, alí residentes e en situación máis precaria.

Igualmente, e en sintonía co expresado en numerosas ocasións polo presidente Feijoo, recalcaron a natureza de embaixador ou embaixadora natural de Galicia que posúe cada emigrante, e invitaron á súa colaboración na tarefa de axudar á proxección internacional da economía galega, identificando as capacidades de expansión que ofrezan os mercados de América do Sur, e servindo de ponte para os investimentos destes países na Galicia territorial. Desta maneira, poden contribuír á saída da actual situación de dificultade económica que atravesa.

Estes aspectos, canda outros como o fornecemento do papel da muller e da mocidade na diáspora, forman parte da nova Lei de Galeguidade, arestora a debate no Parlamento galego, e que Rodríguez Miranda expuxo con detemento ás e aos asistentes á reunión de traballo cos e coas  presidentes das asociacións que representan á emigración galega en ambos países.

En Mar del Plata
O vicepresidente e o secretario xeral participaron este mediodía na romaría festiva da colectividade galega en Mar del Plata, a ocasión anual en que de maneira máis salientable se dá encontro a diáspora galega da zona, e á que asistiron máis de trescentas persoas. Mar del Plata é unha localidade, a uns 400 quilómetros da capital, que aglutina a boa parte da colonia galega fóra de Bos Aires.

Rueda e Miranda visitaron a sede social do Centro Gallego, que preside Francisco Solla, que foi fundado hai 60 anos, e que conta con máis de 1.200 persoas asociadas, das que a metade son galegas. Trala visita á sede da entidade no centro da cidade, desprazáronse ata o centro de día para maiores dependente desa institución. Este centro de día comezou a súa andaina en 2005, e das súas instalacións benefícianse moitos galegas e galegos que emigraron hai anos á cidade.

Precisamente co obxectivo de cofinanciar as actividades que repercuten na mellora das condicións de vida do colectivo de galegas e galegos máis necesitados de asistencia en Mar del Plata, os mandatarios da Xunta e o presidente da entidade galega da diáspora asinaron un convenio de colaboración, dotado con trinta mil euros, que achega a Secretaría Xeral da Emigración. Con eles, o Goberno galego quere axudar a paliar as dificultades das e dos anciáns galegos residentes na zona e que se atopan en peores condicións socioeconómicas.

Unha vez asinado a acordo, a comitiva marchou ata as instalacións de recreo, unha extensión de tres hectáreas e media adquirida pola entidade no ano 1980 radicada nas aforas da cidade, e que conta con diversos servizos de lecer, deportivos e culturais. Alí desenvolveuse o xantar romaría que este ano presidiron Rueda e Miranda. Antes dese evento, vicepresidente e secretario xeral foron invitados pola directiva do Centro Gallego a inaugurar as novas instalacións postas en marcha recentemente no complexo.

Nas súas alocucións ás e aos presentes, lembraron a importancia da unión para preservar a galeguidade, pero tamén para garantir a supervivencia e saúde das entidades que agrupan á diáspora, das que o Centro Gallego de Mar del Plata é exemplo senlleiro. “Na unidade de esforzos dos galegos de todo o mundo reside a forza coa que poderemos encarar as dificultades presentes”, segundo salientou o secretario xeral da Emigración en referencia á importancia da diáspora na saída á situación económica actual na Galicia territorial.

Xornada de mañá
Mar del Plata é punto e final da viaxe para Alfonso Rueda, se ben Rodríguez Miranda rematará mañá, luns, en Bos Aires, onde cursará visita ao Centro Galicia, e ao Centro Gallego, da capital arxentina. Ambas as entidades representan a máis de 30.000 emigrantes, das e dos que en torno á terceira parte son galegas e galegos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas