GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia supera os 400.000 electores na emigración

(06/03/2013)

Galicia supera os 400.000 electores na emigración

Por primeira vez na historia galega o seu electorado residente no estranxeiro alcanza o 15 % do total do censo

Autor:
carlos punzón
Localidade:
redacción / a voz
Data

O censo electoral de Galicia non deixa de minguar na comunidade mentres se dispara o número de posibles votantes no exterior. Por primeira vez na historia electoral galega o seu electorado residente no estranxeiro alcanza o 15 % do total do censo, co que ademais bate a súa marca ao sumar 404.949 integrantes, segundo a actualización realizada pola Oficina do Censo Electoral a data 1 de xaneiro.

A progresión que o chamado CERA está a alcanzar de xeito ininterrompido nos últimos trece anos faise palpable incluso nun período tan curto como o transcorrido desde os últimos comicios autonómicos de outubro, ao ter crecido desde entón en 7.567 persoas, mentres que o número de posibles votantes residentes na comunidade baixou en 4.130.

 

Case 130.000 en once anos

Retrocedendo once anos, o censo exterior galego, que entón representaba o 10,74 % do total, contaba con 129.549 integrantes menos que na actualidade. A listaxe interior tiña entón 5.389 votantes potenciais por baixo da marca deste ano, á que se chegou tras catro exercicios de declive e chegarse a rexistrar no 2010 un censo en Galicia de 14.904 electores máis que agora.

Se ata o 2011 a apertura das posibilidades de nacionalización aberta a fillos e netos de emigrantes impulsou o crecemento do CERA, a tendencia actual está determinada pola actualización de oficio das altas consulares e tamén polo repunte da emigración. Das 16.093 altas no censo exterior de Galicia no último ano, 3.776 producíronse por traslado de residentes ao exterior, mentres que nas máis de 14.000 realizadas de oficio non se determina o motivo de cambio de residencia do elector.

 

Un 25 % en Ourense

Ourense é de xeito destacado a provincia onde maior é o peso do colectivo de electores no exterior, ao formar parte do devandito grupo un de cada catro votantes potenciais. Mentres na devandita demarcación o censo exterior suma 90.355 integrantes, na Coruña rexístranse 140.275 (un 12,8 % do electorado total); en Pontevedra 116.912 (13,07 %), e en Lugo 57.407 máis (16,3).

O aumento de peso electoral da emigración prodúcese cando o voto exterior é menos determinante, ao ter quedado fóra dos comicios locais e ser necesaria a petición de participación previa en autonómicas e xerais, ademais de ata catro intercambios de correos coa administración electoral.

PP, PSOE e EU reiteraron a súa predisposición a modificar a lei electoral para eliminar o voto rogado implantado no 2011 e impulsar a implantación de urnas para que a maioría da emigración poida depositar de xeito directo a súa papeleta.

España suma 1,6 millóns de electores no estranxeiro, dos que o 25 % son galegos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas