GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

OS NOTARIOS PODERÍAN FACER A XURA DE NACIONALIDADE

(06/03/2013)

OS NOTARIOS PODERÍAN FACER A XURA DE NACIONALIDADE

Parainmigrantes.info / marzo 6, 2013

nacionalidad española para nietos de gallegos


A realización da Xura de Nacionalidade por parte dos Notarios supoñería un enorme avance no trámite de adquisición da Nacionalidade Española.

Nunha entrevista mantida con Eleconomista.es, o Director do Consello Xeral do Notariado, Jose María García Collantes, entre outras cuestións, desvelou que os notarios van participar na fase do xuramento á Constitución dos novos nacionalizados engadindo "que estamos dispostos a colaborar nas fases anteriores da concesión de nacionalidades".

Estamos á espera de de que se dean todos os detalles do acordo no que están a traballar o Ministerio de Xustiza e os fedatarios públicos que permitiría, presumiblemente facer a Xura nunha Notaría.

A medida será moi ben recibida polas máis de 400.000 persoas que están á espera de de finalizar o seu proceso de nacionalidade nesa última fase de xura da constitución española.

Como se sabe, o Ministerio de Xustiza puxo en marcha hai uns meses o Plan Intensivo de Nacionalidade Española mediante o cal, os Rexistradores da Propiedade e Mercantís conseguiron tramitar a gran parte dos expedientes de nacionalidade española por residencia atascados dende os anos 2010, 2011 e 2012, uns 475.000 en total.

Este ambicioso Plan quedará completo se finalmente as Xuras se realizan nas notarias, reducindo practicamente a nada a espera nas citas de xura e prexura de nacionalidade española que agora deben realizarse nos rexistros civís e que nalgunhas provincias se estaban a demorar ata case o 2014.

Parainmigrantes.info xa anunciou hai máis dun mes que o Ministerio de Xustiza traballaba en poñer os medios para que o proceso de Xura sexa de forma áxil e efectiva. Coas palabras do Sr. García Collantes, as nosas informacións confírmanse, tan só á espera da firma do acordo entre Xustiza e Notarios e coñecer os detalles deste.

Ademais, é moi interesante ver como a participación dos notarios podería ir máis alá da súa intervención na xura de nacionalidade, senón que podería afectar ás fases iniciais ou intermedias do procedemento.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas