GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Novos medios económicos para a entrada en España

(01/03/2013)

Novos medios económicos para a entrada en España

parainmigrantes.info febreiro 27, 2013

Actualización dos importes de referencia para o cruce das fronteiras exteriores

entra a españa


O día 26 de febreiro de 2013, publicouse no Diario Oficial da Unión Europea os novos importes que se esixirán a partir de agora a quen pretendan ingresar a España como turistas.

A continuación deixámosvos o texto completo publicado:

Actualización dos importes de referencia para o cruce das fronteiras exteriores, de conformidade co establecido no artigo 5, apartado 3, do Regulamento (CE) nº 562/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece un Código comunitario  de normas para o cruce de persoas polas fronteiras (Código de fronteiras Schengen) (2013/C 58/08).

A publicación dos importes de referncia en relaicón co cruce das fronteiras exteriores, de conformidade co establecido no artigo 5, apartado 3, do Regulamento (CE) nº 562/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, de 15 de marzo de 2006, polo que se establece un Código comunitario de normas para o cruce de persoas polas fronteiras (Código de fronteiras Schengen) se basa na información comunicada polos Estados membros á Comisión de conformidade co artigo 34 do Código de fronteiras Schengen.

Ademais de publicarse no Diario Oficial, unha actualización mensual está dispoñible no sitio Internet da Dirección Xeral de Interior.

ESPAÑA

Sustitución da información  publicada no DO C 247 de 13.10.2006

A Orde do Ministerio da Presidencia PRE/1282/2007, de 10 de maio de 2007, sobre medios económicos cuxa disposición haberán de acreditar os estranxeiros para poder efectuar a súa entrada en España, contempla os medios económicos que deben acreditar os estranxeiros para poder efectuar a súa entrada en España.

a). Para o seu sostenimento, durante a súa estancia en España, a cantidade a acreditar deberá alcanzar unha cantidade que represente en euros o 10% do salario mínimo interprofesional bruto (64,53 EUR para o ano 2013) ou o seu equivalente legal en moeda estranxeira multiplicada polo número de días que pretendan permanecer en España e polo número de persoas que viaxen ao seu cargo. A cantidade será dun mínimo que represente o 90% do salario mínimo interprofesional bruto (580,77 EUR para o ano 2013) ou o seu equivalente legal en moeda estranxeira por persoa, con independencia do tempo de estancia previsto.

b). Para regresar ao país de procedencia ou para trasladarse en tránsito a terceiros países, acreditarase dispoñer do billete ou billetes nominativos, intransferibles e pechados, no medio de transporte que pretendan utilizar.

O estranxeiro deberá acreditar que dispón dos medios económicos sinalados mediante a exhibición dos mesmos, no caso de que os posean en efectivo, ou mediante a presentación de cheques certificados, cheques de viaxe, cartas de pago, ou tarxetas de crédito, que deberán ir acompañadas do extracto da conta bancaria ou unha libreta bancaria posta ao día (non se admitirán cartas de entidades bancarias nin extractos bancarios de Internet) ou calquera outro medio co que se acredite fehacientemente a cantidade dispoñible como crédito da citada  tarxeta ou conta bancaria.

Podes ver o texto orixinal pinchando aquí.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas