GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os Rexistradores da Propiedade resolveron xa 300.000 expedientes de nacionalidade española

(01/03/2013)

Os Rexistradores da Propiedade resolveron xa 300.000 expedientes de nacionalidade española

Paraemigrantes.com.febreiro 27, 2013.

La Encomienda realizada ha los Registradores por el Ministerio de Justicia entra en su fase final con más de 300.000 expedientes estudiados.

A Encomenda realizada aos Rexistradores polo Ministerio de Xustiza entra na súa fase final con máis de 300.000 expedientes estudados.

302.082 propostas de resolución son as que ditaron xa os máis de 1.000 rexistradores que traballan na Encomenda realizada polo Ministerio de Xustiza co fin de resolver máis de 475.000 expedientes de nacionalidade por residencia dos anos 2010, 2011 e 2012.

A este paso, nuns dous meses apróximadamente quedarán resoltos a gran maioría de procedementos xa que o ritmo aumenta nun 1% de propostas de resolución máis cada día, polo que nuns 40 0 50 días podería estar resolto o 100% deses 478.233 expedientes incluídos no Plan Intensivo de Nacionalidade.

Segundo puido saber Parainmigrantes.info, trabállase na posibilidade de ampliar a encomenda un ano máis, o que afectaría moi positivamente aos expedientes tramitados no ano 2013 e deixaría ao Ministerio de Xustiza e a Dirección dos Rexistros e do Notariado con estes procedementos practicamente "ao día".

Aínda está por ver como se solucionan os problemas que se están a producir nos Rexistros Civís, os cales, ante a avalancha de resolucións positivas, están a ser incapaces (salvo excepcións) de xestionar con éxito a última fase do proceso, a Xura e Inscrición da nacionalidade española. As citas para a realización da xura de nacionalidade estanse a demorar nalgunhas provincias ata decembro de 2013.

Na actualidade, o Ministerio de Xustiza traballa en dar unha solución ao problema das xuras pero ata agora non transcendeu nada ao respecto.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas