O vindeiro domingo é o día das eleccións, e Lijó non debe ter problema para alcanzar o cargo posto que hai 24 anos que é socio da entidade e directivo desde 1992.
O club social está rexido por unha xunta xestora desde hai tres meses, da que o ribeirense é presidente, xa que, en decembro, non se presentou ninguén ás eleccións para asumir a máxima representación.
A pesar de ter o camiño expedito, persoas achegadas a Benxamín Lijó están pedindo o voto a todos os ribeirenses que teñen dereito a exercelo -só aqueles que son socios- convencidas de que un amplo respaldo dará máis ánimos e empuxe a este ribeirense tan implicado co funcionamento a Casa de Galicia.