GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Resolución do 11 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula o procedemento para a elaboración de listas de formadores colaboradores para impartiren seminarios fóra de Galicia e ábrese o prazo para a inscrición de candidato

(22/02/2013)

Resolución do 11 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula o procedemento para a elaboración de listas de formadores colaboradores para impartiren seminarios fóra de Galicia e ábrese o prazo para a inscrición de candidatos

 
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Orde da convocatoria: 
Resolución do 11 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula o procedemento para a elaboración de listas de formadores colaboradores para impartiren seminarios fóra de Galicia e se abre o prazo para a inscrición de candidatos.
Entidade convocante: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
21.02.2013
Estado: 
Procedemento Aberto

Prazo: De acordo coa resolución do 21 de febreiro de 2013 (art. 4), o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Infórmase que ata o 21 de marzo (inclusive) deste ano, as/os formadores/as poderán presentar solicitudes de novas inscricións e de novos méritos das persoas inscritas, a efectos de baremar e actualizar as listas definitivas que se terán en conta para a programación dos seminarios que se realizaran durante o ano 2013.

De acordo co artigo da 12 desta Resolución as listas de formadores colaboradores serán actualizadas unha vez ao ano. A Secretaría Xeral da Emigración, no primeiro semestre de cada ano, publicará na páxina web http://emigracion.xunta.es a correspondente convocatoria.

 

Formulario de inscrición*: (picar aquí para descargar)

*Nota: para cubrir o formulario é preciso imprimir o documento e logo cubrilo de forma manuscrita.

Texto íntegro da convocatoria no D.O.G.: (picar aquí para descargar)

 

Lugar de presentación da documentación: 
As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, na Secretaría Xeral da Emigración (rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do/a solicitante.
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
21.03.2013

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas