GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Volve a casa tras 30 anos perdido

(20/02/2013)

Volve a casa tras 30 anos perdido

Manuel García regresou a Lalín por sorpresa despois de tres decenios nos que a súa familia o buscou sen éxito por terras de Venezuela

 

 

Manuel García, co seu fillo José Manuel, ensina o seu antigo DNI, que sempre levou na carteira. M. Míguez

Dábano por desaparecido desde hai trinta anos, pero estes días, sen previo aviso e por sorpresa, Manuel García Rielo de Lalín, volveu a Lamas, a súa aldea natal, na parroquia de Cadrón. Durante este tempo os seus cinco irmáns removeron ceo e terra na súa busca coa preocupación de non saber que fora del, se estaba vivo ou morto. Para dar co seu paradoiro por Venezuela chegaron a recorrer ao programa de televisión Galeguidade.

O martes de Entroido, de forma inesperada, Manuel apareceu san e salvo para sorpresa e alegría de familiares e veciños, que recordan a aquel mozo listo e alegre que deixou Lalín con 18 anos. Logo regresou dúas veces, pero desde o 83 a súa familia non soubo nada máis del. Manuel volveu co seu fillo, José Manuel, de 21 anos, e en Venezuela ten dúas fillas máis e unha neta de dous anos: Katherina Manuela.

Manuel conta que non avisou porque «despois de tanto tempo xa un non podía». En Santiago colleu un taxi a Lalín. Foi a un restaurante onde «axudaba ás veces de camareiro». Alí decatouse de que os seus pais xa faleceron hai anos. En Lamas, a súa irmá Victoria relata que viu unha chea de xente e ao achegarse, un home preguntoulle: «¿Non che alegras de ver ao teu irmán?». Ela relata: «¡Eu pedinlle o carné de identidade porque non o podía crer!».

Manuel foise para non ter que ir á mili, e tamén en busca do sol e dun porvir. Foi un estudante brillante que cursou bacharelato en Lalín cunha bolsa «de 40.000 pesetas» e que obtivo, di, grazas á mestra do pobo, Elisa da Peña González, que viu nel un mozo esperto e intelixente.

En Venezuela traballou en granxas de porcos e logo foise de Caracas ao interior do país, onde ten unha empresa de recambios de automóbiles que se chama Automotriz Celta en honra ao equipo dos seus amores. Conta que «nunca estiven mal economicamente, sempre tiven diñeiro para poder viaxar, pero me descoidei moito». Explica que sempre estivo atento ao que pasaba en Galicia e sabía das obras e o crecemento de Lalín «polas postais que me mandaba José Cuíña». Durante ese tempo nunca soubo que a súa familia o buscaba -«viñese a pé»-, e cre que non o atoparon polo común do seu nome, alegando que « por alá hai ata indios do Amazonas que se chaman Manuel García». Estes días ponse ao día con amigos, familia e veciños.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas