GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rodríguez Miranda visita a diáspora en Alemaña e entrevístase co secretario de Estado Parlamentario de Infraestruturas

(19/02/2013)

Rodríguez Miranda visita a diáspora en Alemaña e entrevístase co secretario de Estado Parlamentario de Infraestruturas

 
  • O mandatario galego reiterou o compromiso de eficiencia na utilización de recursos garantindo a atención ás entidades, ás que transmitiu a necesidade de buscaren novas fontes de financiamento.
  • As posibilidades de negocio das empresas alemás en Galicia, e das galegas -en colaboración coas alemás- nos países do leste de Europa centraron boa parte do encontro con Enak Ferlemann no Centro Galego de Cuxhaven.
  • O secretario xeral da Emigración trasladou á diáspora, tamén en Alemaña, a necesidade de unir as entidades da diáspora, onde xeograficamente sexa posible, para optimizar os recursos e prestar mellor servizo aos galegos e as galegas do Exterior.
  • Antonio Rodríguez Miranda na xuntanza en Cuxhaven con Enak Ferlemann, secretario de Estado Parlamentario de Infraestruturas.
    Antonio Rodríguez Miranda na xuntanza en Cuxhaven con Enak Ferlemann, secretario de Estado Parlamentario de Infraestruturas.
  • O secretario xeral da Emigración e os presidentes das entidades integradas na Coord. Federal de Asociacións Galegas en Alemaña.
    O secretario xeral da Emigración e os presidentes das entidades integradas na Coord. Federal de Asociacións Galegas en Alemaña.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2013.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de cursar unha visita á República Federal de Alemaña, onde tivo oportunidade de realizar diversos encontros coa diáspora galega naquel país e de manter unha xuntanza co secretario de Estado Parlamentario de Infraestruturas, Enak Ferlemann.

Miranda mantivo en primeiro termo unha reunión de traballo no Centro Galego de Frankfürt cos presidentes das entidades galegas integradas na Coordinadora Federal de Asociacións Galegas en Alemaña. Os presentes tiveron ocasión de falar do fenómeno migratorio nunha dobre vertente: as inquedanzas das galegas e os galegos xa radicados desde hai tempo en Alemaña, e tamén dos emigrados e as emigradas recentemente.

Segundo os datos do PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro) a 1 de xaneiro de 2012, residían na República Federal de Alemaña máis de 13.000 persoas galegas maiores de 16 anos, das que case cinco mil (4.789) son procedentes da provincia de Pontevedra, case outras tantas da de Ourense (4.757), algunhas menos da Coruña (3.107), e 709 de Lugo. Cómpre sinalar, sen embargo, que segundo os datos do CERA (Censo Español de Residentes Ausentes) só se rexistraron no último ano na República Federal de Alemaña unhas cen persoas procedentes de Galicia.

Unión de centros
O máximo responsable de Emigración da Xunta trasladou aos presentes o interese en avanzar cara a unión de entidades galegas no Exterior alí onde a situación xeográfica o permita, tal e como xa fixera en Cataluña e, dentro duns días e no marco da súa primeira viaxe de carácter institucional, fará en Uruguai e Arxentina. As entidades asumiron a iniciativa, e o Centro Galego de Nürnberg e a asociación Círculo da Cultura Galega e Cabaleiros de Santiago, radicada na mesma localidade, iniciaron a súa integración.

Rodríguez Miranda agradeceu o esforzo a ambas entidades, en liña co defendido polo Executivo galego, na busca dunha optimización de recursos: “Cómpre unha colaboración mutua e estreita, e tamén que as entidades xeren recursos na medida do posible. E, desde a Secretaría, o noso compromiso é manter o soporte e axuda necesarios para atender as necesidades e mellorar os servizos que prestamos á diáspora e ás comunidades, en todo o que nos sexa posible”, asegurou o secretario xeral.

Busca de investimentos
Ademais, Miranda convidou aos asistentes a servir de ponte de unión entre o empresariado galego interesado en achar novos mercados en Alemaña e os seus posibles socios naquel país; e, sobre todo, incidiu na idea de que cada emigrante galego ou galega pode ser o mellor embaixador para que as empresas alemás decidan novos investimentos en Galicia.

Despois, Miranda desprazouse ata Hannover, onde visitou as instalacións do Centro Galego destoutra localidade alemá e se interesou polas demandas das socias e os socios da entidade. Tamén tivo ocasión de achegarse ata as instalacións do Centro Galego de Cuxhaven, e entrevistarse coa súa directiva, nunha das localidades onde a colonia galega é estatisticamente máis relevante.

Encontro con Ferlemann
Precisamente en Cuxhaven o secretario xeral da Emigración puido manter un encontro cun dos máximos responsables do Goberno federal alemán, o secretario de Estado Parlamentario de Infraestruturas, Enak Ferlemann. Centraron a conversa as posibilidades de negocio das empresas galegas no xigante europeo, e sobre todo as posibilidades de investimento que as alemás poden atopar en Galicia.

No encontro, que se desenvolveu nun ton moi cordial, presentouse desde a Secretaría a posibilidade de explorar a viabilidade de unións temporais de empresas (UTEs) alemás e galegas para a introdución das empresas da nosa Comunidade nos países do Leste de Europa. Nesta e outras materias, Ferlemann ofreceuse a presentar as propostas que cheguen de Galicia ao Goberno federal, e para que, na medida do posible, tomen corpo no máis breve prazo de tempo.

Miranda tamén transmitiu, en nome do Goberno galego, o profundo agradecemento polo apoio prestado polo Executivo federal alemán na Rede CROWC*, en especial polo papel xogado por Michael Schneider, secretario de Estado de Asuntos Europeos da Alta Saxonia, ex presidente da comisión de política de cohesión territorial do Comité das Rexións, e poñente do dictame relativo ao futuro da política rexional a partir de 2014.

Tamén durante o intercambio houbo tempo de falar, como referente obrigado nunha conversa entre autoridades de países fortemente enlazados, do alto nivel de integración que a diáspora galega ten acadado en terras xermanas.

 

*A denominada rede CROWC -Convergence Regions on the Way to Cohesion- estableceuse como estrutura común de traballo das zonas europeas que comparten o feito de seren rexións obxectivo de converxencia no vindeiro período orzamentario, e Galicia pertence a ela desde 2009.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas