GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O CERA incrementouse en 93.343 persoas no último ano e supera os 1,6 millóns de emigrantes

(18/02/2013)

O CERA incrementouse en 93.343 persoas no último ano e supera os 1,6 millóns de emigrantes

- En Arxentina residen 350.000 e o número de galegos rexistrados no censo suma 405.000

- Os españois rexistrados en Cuba pasan de 31.251 en 2007 a 94.208 en 2012, un incremento do 195%

Galicia Exterior. Venres, 15 de Febreiro de 2013.

 

A Oficina do Censo Electoral publicou os datos do Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) a 1 de xaneiro de 2013 e o número de inscritos ascende a 1.609.989, o que supón un incremento de 93.343 rexistros dende o 1 de xaneiro de 2012, unha suba do 6%.

Entre 2007 e 2012 o número de inscritos no CERA incrementouse en case 409.000 persoas ao pasar de 1.201.433 a 1.609.989. Este crecemento pódese explicar tanto pola aplicación da Lei de Memoria de Histórica como polo incremento da emigración debido á crise, aínda que esta causa influíu en menor medida.

O Censo pechado a 1 de xaneiro de 2013 indica que o número de galegos inscritos alcanza xa os 405.000, cun crecemento do 4% respecto ao 1 de xaneiro de 2012, 16.093 novos rexistros. A segunda comunidade autónoma con maior número de inscritos é a Comunidade de Madrid que suma xa case 203.000, cun incremento do 7%. A estas dúas ségueno Andalucía, con 187.496, e Cataluña, con 160.803.

En canto ao país de residencia, Arxentina segue sendo o que acolle un maior número de españois inscritos no CERA, nada menos que 349.868, seguido de Francia, con 178.627, e Venezuela, con 150.559.

Aínda que o dato máis rechamante respecto ao país de residencia dos inscritos no CERA é o de Cuba onde o número de españois rexistrados no devandito censo ascende xa a 94.208 e se incrementou en nada menos que un 195% dende 2007 cando só había 31.251 inscritos. É dicir, nada menos que 60.861 persoas se incorporaron ao Censo Electoral de Residentes Ausentes.

Neste sentido tamén é importante o crecemento rexistrado en Chile e México. No país andino foi do 78% no mesmo período de tempo, e os inscritos pasaron de 36.803 a 43.114, 18.860. No estado centroamericano o número de españois no CERA ten pasado de 52.084 a 84.478, un aumento de 32.394 persoas, do 62%.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas