GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Francisco Conde destaca a cooperación cos galegos no exterior como clave para identificar novos mercados para Galicia

(18/02/2013)

Francisco Conde destaca a cooperación cos galegos no exterior como clave para identificar novos mercados para Galicia

O conselleiro de Economía e Industria remarca nun encontro da Rede de Asociacións de Empresarios de Orixe Galega no Exterior o seu papel fundamental

Galicia Exterior 13 de febreiro de 2013

Francisco Conde recalcou a importancia da colaboración cos empresarios galegos no exterior para "aproveitar o potencial exportador galego, xerar confianza e atraer investimento estranxeiro".

Reunión co reictor e investigadores da Universidade de Santiago

Nun encontro o pasado 13 de febreiro coa Rede de Asociacións de Empresarios de Orixe Galega no Exterior, da que forman parte trece asociacións de distintos puntos de España, Europa e América que agrupan a máis de 1.500 empresas, Conde destacou que "mediante a cooperación e a colaboración directa, esta Rede pode e debe ser clave na xeración de confianza e no aproveitamento do potencial exportador galego", así como na busca, de forma activa, "de novos proxectos que recoñezan na marca Galicia unha excelente oportunidade de investimento".

Neste sentido, o conselleiro, que estivo acompañado polo secretario xeral dá Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou as posibilidades que ofrece esta Rede, que conta co apoio do Igape, achegando información e asesoramento ás empresas galegas e buscando sinerxías que beneficien os proxectos de busca de novos mercados.

O conselleiro expuxo as principais fortalezas coas que conta Galicia e que convén ter en conta á hora de investir, como o control do déficit público durante os últimos tres anos, que permitiu que sexa a comunidade máis solvente e ter menos débeda que o conxunto de España.

Neste contexto, Francisco Conde asegurou que a Xunta "seguirá apostando por máis internacionalización, máis innovación e máis competitividade", e recordou que as partidas para apoiar as empresas na súa busca de novos mercados se incrementan este ano un 10%, alcanzando os 20 millóns de euros.

Ademais, asegurou que os esforzos da Xunta non se limitan a "unha importante e decidida achega presupostaria", senón que estase a traballar dende a diplomacia internacional, que deu resultados como o acordo estratéxico coa petroleira Pemex. "Ese é o modelo que queremos seguir, contando co voso apoio, que é fundamental e necesario, e que confiamos en poder ampliar a outros sectores e países,".

Asesoramento

O conselleiro recordou tamén que para asesorar ás empresas na súa apertura a novos mercados a Xunta conta con ferramentas como o Servizo de Licitacións Internacionais (SALT) ou a Rede Pexga, posta en marcha en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia, que inclúe 14 plataformas empresariais en situacións prioritarias para o tecido empresarial galego a través das cales se prestaron xa máis de 7.000 servizos.

Conde, que recordou que en 2012 máis de 5.700 empresas galegas tiveron parte do seu negocio no estranxeiro, segundo datos de novembro, sinalou que coa Red Pexga se conseguiu xa alcanzar o compromiso de 700 novas empresas exportadoras dende a súa creación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas