GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os plans migratorios de Suíza inquietan en Galicia

(13/02/2013)

Os plans migratorios de Suíza inquietan en Galicia

A posible limitación de permisos de traballo afectaría de cheo a decenas de traballadores da Costa da Morte que buscan oportunidades no país

Autor:
s. g. rial
Localidade:
carballo / a voz

Data     13/02/2013

Poucas veces unhas declaracións dun alto cargo o Goberno suízo, o conselleiro federal Didier Burkhalter, tiveron tanto eco en Galicia e causaron unha relativa inquietude. Hai uns días confirmaba nunha televisión helvética as informacións dun xornal francés sobre que están a expor aplicar unha cláusula de salvagarda que limitaría o acceso aos traballadores ao seu país.

É unha medida factible en virtude do tratado de libre circulación de persoas asinado coa UE, aplicado xa con outros países do Leste, e previsto, por un ano, para cando o crecemento da inmigración é moi alto e pódese superar nun 10 % a media dos últimos tres anos. A noticia tivo un amplo percorrido. Aínda que factible para calquera estado da UE, a maior parte dos medios fixáronse en Italia, España e Portugal, os grandes exportadores de man de obra, xunto a Alemaña.

Desde Berna, a capital, José Antonio Calvo Blanco , presidente do centro galego, natural de Zas, recoñece que sobre este tema «fálase moitísimo, sobre todo entre a xente nova, a que xa está aquí e a que está aló e pregunta». Non é estraño, porque non paran de chegar emigrantes. «Hai moitos que veñen sen traballo, traen 2.000 ou 3.000 euros e póñense a buscar, pero non é tan doado como pesan». Ás veces acaban o diñeiro antes de atopar un emprego. O seu centro notou o auxe da nova emigración: dos 68 socios do ano pasado, agora son 163. E crecendo.

Luis Blanco Rodríguez, de Camariñas, preside a Asociación de Traballadores Españois en Suíza (ATEES). Con ese suposto peche «non todos están de acordo. Eu -añade- non o vexo ben». A diario trata con mozos que buscan en Suíza unha oportunidade.

En Basilea, o carballés Ramón Carreira Collazo, presidente do centro galego, ten longa experiencia no Consello de Residentes: «Non creo que pechen as fronteiras ou as limiten, os suízos están moi contentos co traballo da xente de España e Portugal». Asegura que moitos dos que chegan son xente preparada, pero dispostos a traballar en calquera cousa. O mes que vén, cando se reabra a tempada da construción, verase unha afluencia moi superior.

José Gil Doval, residente en Zúric, natural de Arbo (Pontevedra), tamén ten moita experiencia asociativa cos emigrantes (leva 42 anos en Suíza), ademais de política (preside o PP no país). Cre que os controis na fronteiras non son malos. «O mundo non pode ser de todos, en España tamén houbo que poñer restricións. É necesario se se quere orde, organización e manter uns salarios dignos», di. Indica que os portugueses xa están por todas partes, sobre todo pola súa enorme solidariedade, capaces de aloxarse os que sexan nun mesmo piso, algo que non fan os galegos. Como o resto de consultados, recibe emails frecuentes preguntando por traballo. Algúns estudan alemán para facelo.

A deputada en Xenebra Loly Bolay, de Corme, ve «moi arriscado» que Suíza poida activar esa cláusula con países como España. Entre outros motivos, porque enfadaría á UE. Recoñece que o país pasa unha situación «delicada» pola presión da extrema dereita para que haxa estes cambios ante a elevada inmigración.

Alfonso Gómez Cruz , copresidente dos Verdes de Xenebra, tamén cormelán, consultou con deputados federais do seu grupo político sobre este tema e transmítenlle que a actuación desas limitacións «non ten fundamento», porque sería actuar contra cidadáns da UE con dereitos históricos en Suíza: «Creo que non se vai a aprobar, é algo moi alarmista, e sería moi complicado sacalo adiante».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas